A Agrupación de interese económico Ribeira Sacra Next preséntase en sociedade

• O Casino Ateneo de Monforte acolleu o acto, dirixido ao sector empresarial, no que o seu secretario, Severino Rodíguez, sinalou “De nós depende que isto avance para poñernos á vangarda do futuro”

Intervención do secretario de Ribeira Sacra Next AIE, Severino Rodríguez.
Foto RSN.

Non estamos moi sobrados de iniciativas innovadoras que poidan xerar riqueza e emprego na Ribeira Sacra, e é por iso que non é de estrañar que a proposta liderada por Manuel Dacosta de Galega de Investimentos e Proxectos, Alberto Vázquez Cabo de CTGalega, Manuel Fernández de Gourmet Ribeira Sacra e Óscar González de Casa do Curuxo, na que actúa como secretario, con longa traxectoria en iniciativas de emprendemento empresarial, Severino Rodríguez de Trámite Asesores, tivera tan boa acollida como se veu no acto do Casino Ateneo da pasada semana. Durabnte o mesmo, Severino Rodríguez, explicou as orixes e os obxectivos da nova Agrupación de Interese Económico. O principal e promover a unión do sector empresarial da Ribeira Sacra, tanto da provincia de Lugo como de Ourense. Defínense como unha entidad aberta a a todos os sectores empresariais con varios obxectivos que se poden ir ampliando, “elaborar un plan estratéxico feito por profesionais que coñeza o territorio para coñecer as necesidades e cara onde hai que camiñar, unha voz interlocutora con calquera colectivo e institución; promover a relación con outros territorios diferenciados como Ribeira Sacra para posicionarnos mellor no mundo, facilitar ás empresas o acceso aos fondos europeos, e a creación dun nodo tecnolóxico da Ribeira Sacra.”
Establécense 3 formas de participación na Agrupación, como socio con voz e voto cunha couta de 300€; como colaborador, formando parte da mesma, pero sen dereito a voto, cunha cuota que aínda está por definir e a terceira opción, “meténdose ao fondo a traballar por esta Agrupación, necesitamos unha directiva e fai falta xente para iso, necesitamos un grupo de 10, 15 persoas dispostas a traballar nisto”.
“Cremos que é importante participar porque é unha oportunidade e, ou nos xuntamos ou imos en inferioridade de condicións con calquera territorio. Os problemas e as fortalezas xestiónanse mellor desde a unión, só por iso témolo que tentar sen medo. Non hai nada que perder, só podemos gañar e se gañan as empresas gaña o territorio e gañamos todos”.
Tanto o secretario como o presidente, Manuel Dacosta, agradeceron a gran acollida deste acto de presentación pública. Dacosta aseguraba que desde que se firmara a constitución ata agora, a idea non fixera máis que medrar, “iso débese a que na Ribeira Sacra hai persoas con grandes iniciativas”.
“A Ribeira Sacra que temos aquí agora é grazas a moita xente, pero o mundo está cambiando moi rápido, coa pandemia a evolución é moito más rápida e no mundo empresarial ocorre a diario”, por iso a importancia de unirse para acceder a fondos europeos que darán unha capacidade económica importante. Dacosta insistía nos recursos e potencialidade do territorio Ribeira Sacra e apostaba por seguir poñéndoo en valor con todos os medios ao alcance e aquí insistiu na importancia do Nodo Tecnolóxico, “O nodo tecnolóxico é a clave para que este territorio avance cun paso moi firme moi seguro cara a modernidade, podemos conseguir que en calquera sitio do mundo a calquera hora do día unha persoa tecleé Ribeira Sacra e en 16 segundos teña a información de todos os proxectos que integran a Agrupación.”
De que a Agrupación camiña con paso firme deixouse constancia en canto a que xa se abriu unha colaboración para que as empresas poidan beneficiarse do Plan Retorna.
Este encontro de presentación da Ribeira Sacra Next AIE completouse cuns pinchos e uns viños, durante os que moitas das persoas presentes aproveitaron para entrar a formar do novo proxecto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo das axudas para investimentos en tecnoloxías e maquinarias forestais

Seguinte Nova

A Oficina Conecta Lugo mellorou a participación das empresas nas axudas á innovación

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss