A forte nevada, a poucos quilómetros da meta de Sarria, obriga a cancelar a primeira etapa

Volta O Gran Camiño

A primeira etapa da volta ciclista O Gran Camiño Cycling saíu onte pola mañá desde Lugo. no que parecía ía a ser unha festa do ciclismo polas estradas do sur de Lugo. Efrén Castro, deputado de Deportes da Deputación de Lugo, entreghou un caravel e unha lámina conmemorativa do Día de Rosalía aos cinco ciclistas galegos Delio Fernández, Samuel Blanco, Guillermo García, Ángel Vázquez e Carlos Canal e ao danés Jonas Vingegaard, actual campión do Tour de Francia. Pero o mal tempo convertiu a carreira nun auténtico inferno para os participantes, as baixas temperaturas, e as inclemencias meteorolóxicas arreciaron,, ao punto, de que a só 20 quilómetros para a meta de Sarria, a forte nevada que estaba a caer, obrigou aso ciclistas a votar o pé a terra, feito polo que os xuices da carreira decidiron suspendela. Logo de varias hora de deliberación, acordaron que os tempos desta primeira etapa non se tivesen en conta de cara a clasificación xeral. Difícil debut para a estrela da volta, o danés Jonas Vingegaard, que con todo, parece que chega con gañas de levarse unha das primeiras probas da tempada ciclista. Espectacular etapa, que non se puido rematar. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Resposta masiva da comarca na manifestación en Santiago pola defensa da sanidade pública

Seguinte Nova

Pantón, capital galega do Enduro

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss