A Oficina Conecta Lugo mellorou a participación das empresas nas axudas á innovación

No evento celebrado en Lugo explicáronse as axudas das distintas consellerías da Xunta de Galicia dirixidas a autónomos e pequenas e medianas empresas. Foto GPXG..

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron en Lugo nunha xornada de presentación do mapa de axudas da Xunta de Galicia á I+D+i.
A directora de Gain destacou en Lugo que se trata da primeira vez en que se presentan todos os apoios públicos á investigación e á innovación da Xunta de Galicia co obxectivo de facilitar o seu acceso aos axentes do sistema galego de innovación, especialmente ás pemes, ofrecendo unha visión completa. Ademais, subliñou o aumento tanto no número de solicitudes como de axudas á innovación concedidas por Gain e Igape na provincia de Lugo, unha melloría que achacou á apertura da oficina Conecta Lugo en colaboración coa Confederación Empresarial de Lugo. Por exemplo, na liña InnovaPeme, dirixida á implantación de plans de innovación por pemes, Lugo conseguiu aumentar a súa participación nos dous últimos anos (2021-2022) chegando a supoñer case unha quinta parte do total galego e incrementado o número de axudas concedidas nun 50% respecto á anterior convocatoria de 2021; na primeira edición de Bonos de Innovación, enfocada á incorporación por primeira vez da innovación en pemes, as entidades de Lugo acadaron o 14% das axudas concedidas; e na aceleradora Galicia Avanza, orientada á internacionalización da innovación, representaron o 30% dos beneficiarios. Pola súa banda, nas axudas do Igape de loxística avanzada o comportamento da provincia de Lugo tamén foi bo, representando o 17% das solicitudes recibidas, así como nas solicitudes recibidas na liña de Dixitalización Industria 4.0, pasando a provincia de Lugo do 5,3% no pasado ano 2021 ao 13,9% no 2022.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Agrupación de interese económico Ribeira Sacra Next preséntase en sociedade

Seguinte Nova

O BNG denuncia a deficiente dotación sanitaria do sur de Lugo, e a Xunta anuncia concurso de méritos para 25 prazas médicas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss