Aberto o prazo das axudas para investimentos en tecnoloxías e maquinarias forestais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitaron unha zona de produción de resina. Foto GPXG..

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da Axencia Galega da Industria Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan axudas destinadas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos. Esta convocatoria de achegas ten un orzamento total de 9 millóns de euros e poderán beneficiarse dela as microempresas, medianas e pequenas empresas (pemes) do sector forestal radicadas na nosa comunidade.
Como feito destacado, cabe mencionar que por primeira vez se establecen cinco liñas definidas para asegurar o investimento en maquinarias para a silvicultura, para o aproveitamento comercial da castaña e da resina ou para a clasificación estrutural de madeira. O principal obxectivo é impulsar a industria forestal-madeira e mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas. A primeira liña das axudas contempla todo o relativo á xestión forestal activa, un piar fundamental en materia de desenvolvemento rural. A segundarefírese á madeira e a biomasa. A terceira liña dedícase á maquinaria específica ou equipamentos que permitan un aproveitamento comercial da castaña ou da resina no monte, así como ao acondicionamento e instalacións de parques intermedios de almacenamento e/ou clasificación. A cuarta liña dedícase ao valor engadido na primeira transformación da madeira. . A quinta e última liña abrangue os plans e ferramentas de xestión empresarial Estas axudas enmárcanse na Axenda de impulso da industria forestal-madeira, no Plan Forestal 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” para potenciar o sector e impulsar a bioeconomía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Medio Rural apoia a modernización e o relevo xeracional das explotacións agrogandeiras

Seguinte Nova

A Agrupación de interese económico Ribeira Sacra Next preséntase en sociedade

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss