Carmen José López será a candidata do PP á alcaldía de Sarria

O Comité Executivo do PP de Sarria acordou por unanimidade na reunión deste sábado designar candidata á alcaldía nas próximas eleccións municipais a Carmen José López Rodríguez.
A alcaldable popular asegura que “me fai gran ilusión este proxecto que ten como obxectivo devolver o esplendor e o seu lugar no mundo á nosa excepcional terra”. Carmen José López leva media vida vencellada ao asociacionismo, dentro do ámbito empresarial e, sobre todo, do emprendemento, “con ánimo de cambiar as cousas”. Agora da o paso de entrar en política tras acumular experiencia profesional que lle permitiu “coñecer a administración local porque estiven traballando directamente con Concellos. Son construtiva e veño para aportar”, manifesta. Carmen José López cre que “Sarria está sedenta de ilusión” e cre que “temos que mirar para o futuro e non centrarse en loitas de egos que enchen de enfrontamentos a situación política da nosa vila”.
O presidente do PP local, Fernando Carlos Rodríguez, sinala que se trata “dunha persoa moi vinculada persoal e familiarmente a Sarria, onde tanto ela coma os seus pais tiveron distintas responsabilidades”.
Carmen José López é avogada con despacho en Santiago e Lugo moi vencellada ao ámbito empresarial, é asesora xurídica do Eixo Atlántico e vocal para a provincia de Lugo da Asociación Galega de Autónomos e Pequenas Empresas. Conta tamén con experiencia institucional como secretaria xeral de Aje Lugo entre 2009 e 2016, presidenta de Aje Galicia entre 2014 e 2017. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte critica a externalización da xestión e cobro das multas de tráfico

Seguinte Nova

PP e PSdeG presentan aos seus candidatos á alcaldía da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss