Chantada reforza os equipos de emerxencias fronte ás nevaradas

maxe do acto de entrega de coitelas quitaneve no concello de Chantada. Foto GPXG.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de coitelas quitaneve aoconcello de Chantada. O equipamento forma parte da liña de axudas de 2022 dirixida a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), dotada con 1M€ euros. Coas de hoxe, o número de coitelas entregadas ascende a máis de 50, ás que se suman 10 cuñas. Na cesión destes equipamentos teñen prioridade os as entidades locais cunha altitude media superior aos 800 metros segundo o establecido no Plan de protección civil ante o risco de nevadas en Galicia (NEGA).
Segundo explicou o director xeral, as coitelas cedidas permiten un desaloxo eficaz da neve e poden ser instaladas en diferentes vehículos pick up grazas aos seus bastidores específicos de montaxe. Dotadas de rascadeiras de aceiro de alta resistencia á abrasión, a estrutura da máquina está deseñada para proporcionar a máxima resistencia e asegurar unha repartición adecuada dos esforzos ao ancho de toda a superficie da folla quitaneves. Santiago Villanueva incidiu no compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias dos concellos, pese a tratarse dunha competencia municipal no caso das localidades de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos de menor poboación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG denuncia a deficiente dotación sanitaria do sur de Lugo, e a Xunta anuncia concurso de méritos para 25 prazas médicas

Seguinte Nova

O xeodestino Ribeira Sacra suma 10 novos servizos turísticos co distintivo “Compromiso de Calidad Turística”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss