Continúan os traballos para a XLI Feira do Viño de Quiroga

Carlos Sobera será o pregoeiro da Feira do Viño de Quiroga 2023

Continúan as reunión da comisión organizadora para o avance da que será a XLI edición desta festa. A novidade anunciada polo coordinador da parte vitivinícola, Pablo González, centrarase na xornada anterior ao fin de semana da feira, o venres día 7 de abril. Ese venres será unha xornada na que se poñerá de manifesto a viticultura heroica. Pola mañá nunha mesa redonda aberta falarase sobre este tipo de viticultura. O embaixador do Cervin (Centro de Investigación, Estudio, Salvaguarda, Coordinación y Valorización de la Viticultura de Montaña) en Canarias, adegueiros das Illas Canarias e o adegueiro Pablo González, en representación da Ribeira Sacra, presentarán a forza, a tenacidade e a paixón con que os viticultores traballan nas zonas que producen “Vins Extremes”, onde as condicións para producir viño son unha loita continua.
Pola tarde un “Tunel do Viño”, como matiza Pablo González, trátase dunha exposición de viños de varias rexións no que ademais de ver os viños poderanse probar. Para elo contarase cos alumnos do ciclo formativo de Servizos da Escola Belarmino Fernández Iglesias de Sober, que farán as funcións de sumiller. Expertos catadores realizarán unha cata a cegas con algúns dos viños participantes neste Túnel do Viño.

CARLOS SOBERA PREGOEIRO

O polifacético Carlos Sobera será o pregoeiro da XLI Feira do Viño de Quiroga, e ten pensado pasar tres días coñecendo a comarca e tamén visitando a Ribeira Sacra.

Carlos Sobera, nado en Baracaldo (Vizcaya) é un máis que recoñecido presentador de tv, pero ademais é actor, showman, e empresario teatral. A súa vida laboral tamén está unida á docencia xa que, este licenciado en dereito pola universidade de Deusto, exerceu como profesor de publicidade na Universidade do País Vasco.

O seu amplo curriculum acolle máis de 40 concursos e reality shows como presentador, moitos deles tan coñecidos como El precio justo, Supervivientes, La isla de las tentaciones, Pesadilla en el Paraiso, First Dates, Atrapa un Millón ou Quiere ser Millonario?. Por estes dous últimos foi premiado como o mellor presentador co TP de Ouro. Tamén acadou o Premio Zapping e o premio Sexta Avenida ao mellor comunicador. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XLI FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Seguinte Nova

O PP de Monforte critica a externalización da xestión e cobro das multas de tráfico

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: