Daniel Camino gaña o Concurso de Carteis da XLIII Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober vén de fallar o concurso do cartel que anunciará a XLIII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril, coincidindo como é habitual co fin de semana do Domingo de Ramos.
O mozo, natural de Arzúa e residente en Monforte de Lemos, Daniel Camino Barral foi o gañador do certame, no que este ano participaron preto de 30 persoas con orixinais chegados desde diferentes puntos do Estado.
Daniel Camino é deseñador gráfico e proximamente abrirá un estudo en Monforte. Gañou en dúas ocasións o certame de carteis da Feira do Queixo de Arzúa e foi finalista noutros concursos, como o dos San Fermíns de Pamplona, o do Festival de Cine de San Sebastián ou o concurso de Terras Gauda.
O xurado do certame estivo coordinado por Rodrigo Coucheiro, o gañador do concurso no ano 2019, quen elixiu o cartel presentado por Daniel Camino Barral.

Presentación do cartel
O deseño que anunciará a Feira do Viño de Amandi foi presentado oficialmente xunto aos restos arqueolóxicos do hórreo romano de Proendos o sábado 4 de Marzo as 12:00 de mediodía, data na que se deu a coñecer a programación do mes do Amandi e o programa de actividades da XLIII Feira do viño de Amandi. Este ano por vez primeira a feira dará comezo na xornada do venres pola tarde. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O xeodestino Ribeira Sacra suma 10 novos servizos turísticos co distintivo “Compromiso de Calidad Turística”

Seguinte Nova

XLI FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss