O Concello de Monforte contou con dobre participación no II Encontro Estatal Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento que se celebrou en Lugo na pasada semana. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, en representación do Concello de Monforte e O Alcalde, José Tomé en representación da Deputación Provincial. Lugo foi a sede dunha cita de vital importancia para o desenvolvemento das políticas municipais e provinciais a nivel estatal. Este encontro busca proxectar cara ó futuro as políticas públicas de cooperación ó desenrolo que levan a cabo os gobernos locais buscando a coordinación, articulación e coherencia das mesmas. O Concello de Monforte como socio do Fondo Galego de Cooperación participou no mesmo, da man da Tenente de Alcalde, Gloria Prada, que ven de remarcar a “importancia que supón que a nova lei considere as entidades locais como un dos pilares fundamentais do sistema de cooperación”. Tal e como afirma Prada constitúe “unha oportunidade única para pór en valor as administracións locais e a consideración das mesmas na toma de decisións do resto de administracións”.
Os Fondos municipalistas de cooperación coordínanse a través da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, que este ano cumprira 28 anos, e que emerxe como marco de representación conxunta dos nove Fondos que o compoñen en todas as temáticas que, pola súa importancia, afectan ós seus intereses comúns. Xunto a ela, a Federación Española de Municipios E Provincias supón o máximo órgano de representación da voz municipal en España.
Esta segunda edición contou coa colaboración de diversas administracións e entidades, tales como: a Dirección Xeneral de Políticas de Desenrolo Sostible (a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional, o Ministerio de Asuntos Exteriores, a Unión Europea e Cooperación; a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desarrollo; a Xunta de Galicia; o Programa DEAR da UE, a través do proxecto “People anda Planet”; o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo.•