O PP de Monforte critica a externalización da xestión e cobro das multas de tráfico

A portavoz do PP monfortino, Katy Varela,

Dende o PP monfortino denuncian o que califican de inmoderada tendencia dos socialistas a externalizar servizos municipais. Neste senso, os populares afean a José Tomé que adxudique a unha UTE de empresas, de Málaga para máis concretar, a recadación de tributos en vía executiva e a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico. A portavoz do PP, Katy Varela, sinala que, co importe destinado a dita externalización, o Concello podería contratar directamente ao persoal necesario para as citadas tarefas. Katy Varela explica: “Acábase de asinar o contrato para a xestión recadatoria municipal en período executivo e para a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico. Co importe desa adxudicación poderíase contratar directamente a xente para ocuparse desas tarefas sen ter que externalizar o traballo a través dunha empresa con sede en Málaga”. Indica que as empresas que asinaron o contrato son, como UTE, Consultoría SA e Tráfico y Movilidad Segura SL.”. Varela sinala: “Para nós é unha evidencia máis da mala xestión dos recursos tanto persoais como económicos que leva a cabo este equipo de goberno, ao externalizar unha tarefa que se podería levar a cabo de forma interna polo Concello”. Explica que o mesmo sucedeu coa externalización da xestión do turismo na cidade, “un contrato por un importe parecido, e unha xestión que sen dúbida sería máis eficiente levala a cabo directamente polo Concello”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúan os traballos para a XLI Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

Carmen José López será a candidata do PP á alcaldía de Sarria

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss