• O distintivo «Compromiso de Calidade Turística» recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao servizo turístico fronte á competencia.
O xeodestino Ribeira Sacra suma 10 novos servizos turísticos co distintivo “Compromiso de Calidad Turística”, selo de calidade outorgado pola Secretaría de Estado de Turismo, según o recente informe emitido polo Comité SICTED 2022. Trátase dun proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con Servizos turísticos de ata 36 oficios diferentes, co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.
O SCTE Destinos-SICTED é unha metodoloxía que proporciona un sistema integral e permanente de xestión da calidade nun destino turístico que persegue un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dun mesmo destino. Este outórgase aos servizos turísticos que acreditaron o cumprimento dos requisitos fixados. É un recoñecemento ao esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao servizo turístico fronte á competencia. O distintivo ten validez bienal, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento. No xeodestino Ribeira Sacra, obtiveron o distintivo dez novos servizos turísticos, que se suman aos 32 que xa o tiñan e que renovan o distintivo, o que demostra a firme aposta da Ribeira Sacra pola calidade.
NOVAS INCORPORACIÓNS
- Rutas fluviais: Turismo Pantón.
- Aloxamentos: Hotel O Balcón da Ribeira, Carrioza Alojamiento Turístico, Reitoral de Chandrexa, Ecolagar O Barqueiro e Reitoral de Parada.
- Adegas: Vía Romana Adegas e Viñedos.
- Outros Servizos: Mosteiro de Santa Mª de Xunqueira de Espadanedo, Museo-Taller de Olería de Niñodaguia e Monte da Roda.
SERVIZOS QUE RENOVAN O DISTINTIVO
- Rutas fluivais: Siltrip e Viajes Hemisferios
- Aloxamentos: Casa Rural O Canto da Terra, Casa do Romualdo, Apartamentos Río Sil, Casa Vistaboa, Casa Darío, Hotel Condes de Lemos, Casa Santiago, Apartamentos Ribeira Sacra, Casa Solveira, Hotel Mogay, Casa Grande de Covas Apartamentos Turísticos, Rural Luxury Pombar, O Remanso dos Patos, Hotel – Apartamento Miradores do Sil, Casa de las Flores, Casa do Polo, Casas Quo Vadis e Casa das Xacias.
- Restaurantes: Portomiño e A Cantina.
- Adegas: Adega Condado de Sequeiras e Adega Proencia.
- Outros servizos: Oficinas de Turismo de Chantada e Parada de Sil, Enoturismo Galicia, Máis que Románico Rutas, Novas Rutas, Casa-Museo Fábrica de Chocolate, Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Genuine Galicia e Eurotaxi Quiroga. •