XLI FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA

Días 7, 8 e 9 de abril de 2023

O pasado mércores presentábase oficialmente a que será, segundo o Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, a Feira do Viño con máis atractivo dos últimos anos, tanto dende o punto de vista lúdico como das adegas participantes.
Na presentación o rexedor local estaba acompañado do coordinador xeral da comisión organizadora, José Manuel Pol, do coordinador da parte vitivinícola, Pablo González, e de varios representantes das adegas participantes.
O adegueiro Pablo González centrou a importancia da Feira do Viño de Quiroga nos colleiteiros que participaron no seu momento e agora nas adegas “que están punteiras a nivel mundial en elaboración”. González presentou a xornada do venres 7 de abril na que se celebrarán unhas xornadas de viticultura heroica e un túnel do viño no que participarán tres adegas canarias invitadas a través do Cabildo Canario.
O túnel do viño estará atendido por alumnos e formadores da Fundación Belarmino Fernández.. José Manuel Pol encargouse de presentar o programa da feira, que comezará co desfile da Confraría do Viño o domingo día 26 de marzo, a exposición “O Camiño Ilustrado” e o concurso Quiroga de Tapas, entre o 29 de marzo ata o 7 de abril. Tras a xornada dedicada a viticultura heroica o sábado 8 de abril comezará co Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas tras a inauguración da feira polo Vicepresidente 2º e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso. Actuacións no Auditorio Municipal, pregón a cargo do polifacético Carlos Sobera, presentado por José Manuel Parada e Tania Taboada; concurso de camisetas e música de todos os estilos formarán parte do amplo programa organizado para a XLI edición da Feira do Viño de Quiroga. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Daniel Camino gaña o Concurso de Carteis da XLIII Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

Continúan os traballos para a XLI Feira do Viño de Quiroga

Ir aInicio

Don't Miss