7.500 prazas xa reservadas para os catamaráns pola Ribeira Sacra

Arrancou con forza a nova temporada dos catamaráns da Deputación de Lugo pola Ribeira Sacra, pois só na primeira semana dende que se abriu a venda de billetes, xa hai 7.500 prazas reservadas. Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo declarou que “seguimos consolidando as rutas fluviais pola Ribeira Sacra como un reclamo de primeira orde para incentivar así a actividade económica, e facémolo a través do modelo de turismo polo que traballamos dende a Deputación, sostible, de calidade, de experiencias, que coida o patrimonio e que deixa valor no territorio”. A Deputación ofrece a ruta Canón do Sil, que parte do embarcadoiro Ponte de Sil, en Monforte, e a Ruta do Cabo do Mundo, que sae de Belesar, no Saviñao. A viaxe polo Miño conta con preto de 1.200 reservas, e as restantes, unhas 6.300, son viaxes que se farán polo Sil. As reservas poden facerse a través da páxina web reservas.rutasembalses.es na que, ademais, as persoas interesadas poderán coñecer todos os detalles das diferentes viaxes. O portal posto en marcha o pasado ano pola Deputación ofrece a posibilidade de modificar as reservas, coñecer a normativa vixente e coñecer toda a información precisa para realizar a viaxe. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preséntase o cartel e o video promocional da XIX edición da Feira Medieval de Monforte

Seguinte Nova

Celeste Rodríguez encabezará a lista do PSdeG do Saviñao nas eleccións municipais

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss