A Xunta convocará axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios de uso residencial

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a visita a un edificio que recibiu máis de 423.000 euros para mellorar o illamento térmico exterior. Foto GPXG..

Durante unha visita a un inmoble que recibiu da Xunta 423.586,4 euros para acometer a impermeabilización da fachada, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, anunciou que o vindeiro mes de abril se publicará unha nova convocatoria do programa de axudas para actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, financiado con fondos europeos. A conselleira subliñou o “éxito” en Galicia da primeira convocatoria deste programa, que se saldou o ano pasado con 251 subvencións concedidas por un importe total de 21,57 millóns de euros e un grao de execución de case o 95%. Neste sentido, adiantou que, á falta de concretar aínda o orzamento definitivo co que sairá a nova convocatoria, o programa contará, en todo caso, cunha dotación superior á anterior. Así mesmo, a conselleira explicou que grazas ás subvencións concedidas en 2022 se poderá intervir sobre máis de 2500 vivendas co fin de executar diferentes actuacións de rehabilitación que reduzan os seus consumos a través dun aforro enerxético de, como mínimo, o 30%. Os incentivos poden chegar ata os 38.750 euros por vivenda e entre as principais obras subvencionables destacan as intervencións de mellora nas envolventes —fachadas, cubertas, etc.—, como é o caso do edificio visitado hoxe, e a substitución de equipos de calefacción e auga quente tanto en vivendas unifamiliares como en edificios de uso colectivo.
A conselleira incidiu na oportunidade que supoñen os diferentes programas de axudas que xestiona o Instituto Galego da Vivenda e Solo para impulsar a rehabilitación de edificios e vivendas construídos co fin de mellorar os seus consumos e a demanda de enerxía xa que, por unha banda, contribúen a mellorar o confort e a calidade de vida dos veciños e por outra, inciden na redución das emisións de CO2 no eido residencial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Seguinte Nova

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para as axudas para accións silvícolas

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss