Acusacións de transfuguismo, expulsións e novos candidatos na loita pola alcaldía de Samos

Chegan as eleccións municipais en Galicia, levamos xa desde o ano 1977 acudindo ás urnas, case cincuenta anos, pero sempre aparece algún episodio máis propio dunha película de Berlanga que da realidade do moderno país que somos. E esta vez, a historia ten lugar en Samos, o concello da comarca de Sarria que apenas supera os 2000 habitantes, e que con todo acaparou titulares nos últimos días, pois ten un alcalde desde 2007, Julio Gallego, que levaba tres maiorías absolutas co PSdeG-PSOE, e que anuncia que decide dar un paso atrás e retirarse da política, á vez que se comunica a candidatura do seu fillo Miguel Gallego, pero sorpresa, faio co Partido Popular. Como xa fixese o seu avó. A partir de aquí, ábrese a caixa dos tronos. O Secretario Xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo, José Tomé, declaraba ao respecto da situación xerada que o Partido Popular “está volvendo ás andadas. Está fomentando o transfuguismo. Está comprando vontades, neste caso de persoas que, evidentemente, parece que non tiñan unha ideoloxía moi clara, porque se fora así non farían o que fixeron”. José Tomé foi moi crítico cunha forma de entender a política na que “unha familia debe de pensar que Samos lle pertence, que son os donos do Concello. O avó foi alcalde co Partido Popular, o pai co PSOE e agora parece que o fillo ten intención de ser polo PP. Isto non é unha dinastía”, recalcou o líder dos socialistas na provincia, “Samos é dos veciños de Samos”. A cousa chega a tal punto, que O Grupo Socialista de Samos acordou expulsar do mesmo a Julio Gallego, que pasará desta forma a ser Concelleiro non adscrito. Argumentan que a decisión débese ás declaracións e actuacións de Julio Gallego que califican“de extrema gravidade, incompatibles coa pertenza a este Grupo Municipal, asegurando incluso que apoiará a outra formación política de cara ás eleccións municipais do 28 de maio”.
Os socialistas ratificaron de novo o seu pleno apoio e confianza na candidatura á Álcaldía de José Antonio García Jurjo, “cun proxecto que ten como única prioridade o interese e o progreso de todos os veciños de Samos. Temos que pechar este esperpento e apostar por unha candidatura gañadora, que coloque a política municipal de Samos ó nivel que se merece, lonxe do Falcon Crest familiar que está montando o PP”.
Pola súa parte, Miguel Gallego, fillo do actual alcalde e candidato popular, declarou que“Imos traballar por aquilo que é posible facer e que xera benestar ao noso pobo”. O PP lucense sinala que “a nosa formación está a presentar candidatos solventes; pero iso parece que molesta ao secretario xeral dos socialistas na provincia que demostra a súa preocupación intentando facer descualificacións”.
Dende formación popular cren que “estas declaracións son froito do nerviosismo de Tomé por non ter os deberes feitos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Celeste Rodríguez encabezará a lista do PSdeG do Saviñao nas eleccións municipais

Seguinte Nova

Katy Varela: “Quero que Monforte recupere o brillo que tivo”

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss