Casa dos Muros en Pantón, reinventándose en Turismo Rural

Casa dos Muros comeza a funcionar como casa de Turismo Rural en Outeiro, Paderne no 2000. Para poñela a andar, tempo antes, Pilar Díaz (Cuqui), comezaba a rehabilitar esta casa familiar case destruída. Casa dos Muros abriu as súas portas con 5 habitacións, pouco despois sumou 5 máis. En 2007 deuse o seguinte paso para ampliar o servizo e cómpranse novas edificacións para poñer en marcha Aira Sacra, “Fixemos Casa dos Muros para alugueiro de habitacións, pero co paso do tempo vimos que a xente tamén buscaba moito casas de alugueiro completo. Compramos en Vilamelle vivendas para crear Aira Sacra, son 5 casiñas, 3 de 2 habitacións e 2 de 1 habitación e outra casa grande que ten 7 habitacións”, sinala Pilar Díaz.
O sector é complicado e hai moita competencia polo que en casa dos Muros apostan por propoñer experiencias diferentes, organizan cursos, actividades, ceas e encontros especiais, “Como temos actividades imos traballando ben, pero a cousa está un pouco complicada, hai moita vivenda de uso turístico, entón temos que diferenciarnos. Agora estamos a tentar traer a xente de empresa para encher durante a semana”.
Durante as fins de semana o cliente máis habitual é da costa de Galicia, para períodos máis longos si que chega xente de toda España e agosto segue sendo o mes máis forte, “buscamos desestacionalizar e xerar outras propostas para compartir, iso fai que teñamos un perfil dispar. Hai 7 anos empezamos con escape room para diferenciarnos doutras casas. Aí acertamos de pleno porque temos moitos aniversarios, despedidas, xente que vén a maiores a facer a actividade e pasalo ben”.
Cuqui declara estar satisfeita co conseguido, “se me din se volvo pasar o que pasei creo que non o faría, pero cando empezas a ilusión move montañas, paseino mal, pero estaba motivada. Agora traballo no que me gusta e vexo que me embarquei en algo complicado demasiado nova, pero puiden coidar ás miñas fillas, o que non podo é irme de vacacións en agosto con elas”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lacteos Ribeira Sacra, un exemplo de iniciativa emprendedora e empresa familiar

Seguinte Nova

Veciños de Parteme reúnense coa Deputación para mellorar os servizos neste núcleo

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss