Celeste Rodríguez encabezará a lista do PSdeG do Saviñao nas eleccións municipais

Celeste Rodríguez Pombo repite como candidato do PSdeG-PSOE do Saviñao despois dos bos resultados de 2019, cando conseguiu cinco dos once concelleiros que se disputan neste concello. A última asamblea celebrada polos socialistas saviñaos coa asistencia da maioría dos afiliados nomeouno por aclamación. Rodríguez Pombo, axente facultativo medioambiental, é militante socialista dende os 18 anos e dende o 2011 é un habitual nas listas socialistas. Foi en 2015 cando, por primeira vez, presentouse como candidato á alcaldía; acadando catro concelleiros co 37,07% dos votos.
Repetiu en 2019, cunha tendencia ascendente, conseguindo o 40,26% dos votos e chegando aos cinco concelleiros, a un da maioría absoluta.A lista está xa en elaboración “haberá algunha renovación, pero mantense a maioría dos integrantes que nos presentamos en 2019 e que continuamos cun proxecto claro e ilusión de poder acadar un futuro mellor para o Saviñao”, declara Celeste R. Pombo.
A nosa prioridade é O Saviñao, presentámonos ás eleccións tendo claro que a política é unha función pública e que nós, como representantes dos e das veciñas, estamos aí para debernos ás súas reclamacións e tentar de solucionar os seus problemas, loitando por unha vida e futuro mellor”, explica Rodríguez Pombo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

7.500 prazas xa reservadas para os catamaráns pola Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Acusacións de transfuguismo, expulsións e novos candidatos na loita pola alcaldía de Samos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss