Éxito rotundo da Feira do Viño de Chantada

«Que vivan os viños de Chantada! Que viva a Ribeira Sacra!» Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, foi o pregoeiro da XL Feira do Viño de Chantada eloxiou o viño que que se fai en Chantada e na Ribeira Sacra, durante o discurso que supuxo o inicio dunha edición da feira que só pode calificarse como de auténtico éxito, tanto no organizativo como na asistencia de público, que día tras día encheu a carpa e participou activamente nas diversas e variadas propostas do programa. No que se refire ao mundo do viño, específicamente, a cata oficial premiou coa Medalla Vide de Ouro a As Glorias Amedo’22 de Adegas Amedo, Sabatelivs Mencía’22 de Adegas e Viñedos Lareu e Asolagados Mencía’ 22 / Asolagados Barrica ’20 de Pilares De Belesar. Na cata popular, na que só se cataron vinos tintos xoves, os tres máis destacados foron Instinto Romano Mencía’22 de Instinto Romano, Sabatelivs Mencía’22 de Adegas e Viñedos Lareu e Calexotes Mencía’22 de Adega Calexotes.

Ademáis, entre a multitude de xente que se acercou pola feira, foron moitos os políticos e autoridades que se deixaron ver. Entre eles o Presidente da Xunta Alfonso Rueda, que estivo acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, ou o O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e por suposto, o Alcalde chantadino Manuel Lorenzo Varela.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro do Medio Rural, José Gónzalez, asiste á XL Feira do Viño de Chantada.


Un bo traballo feito pola organización da Feira, que xa ten un ollo posto na próxima edición, que será a XLI. Parabens.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

MORGAN

Seguinte Nova

Preséntase o cartel e o video promocional da XIX edición da Feira Medieval de Monforte

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss