Francisco Conde pon á empresa monfortina Fenestra como exemplo de PEME competitiva

Francisco Conde, nun intre da súa visita á empresa
monfortina Fenestra. Foto IGAPE.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa monfortina Fenestra como exemplo de peme que inviste en equipamento e enerxías renovables para adaptarse ao contexto actual e gañar en competitividade.
Nunha visita ás instalacións da firma especializada na fabricación de fiestras de pvc, Conde destacou o esforzo que Fenestra está a facer para optimizar os seus procesos de produción e para ser máis eficiente e reducir o custo enerxético. Un obxectivo común ao tecido empresarial galego que a Xunta de Galicia está apoiando a través do programa Galicia Inviste, co que pon á disposición das pemes galegas financiamento para proxectos de diversificación, mellora de procesos e produtos, maquinaria e equipamento, e tamén para o sector do aloxamento.
Fenestra é unha das empresas que se viu beneficiada por estas axudas, cunha mobilización de investimentos por máis de 260.000 euros para implantar unha soldadura de pvc que mellora a calidade e o acabado do produto. Ademais, no seu compromiso pola eficiencia enerxética, tamén instalou placas fotovoltaicas cunha axuda da Xunta de Galicia, a través do Inega, de case 8000 euros para un mobilizado de 20.000 euros.
Conde referiuse a Fenestra como “un exemplo claro de competitividade que está afrontado os retos actuais, xerando emprego e crecendo no rural, e permitindo que Monforte e toda a súa comarca fale máis en clave industrial”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Kerm Pharma solicitou a licenza de obra para a súa nova planta de produtos farmacéuticos

Seguinte Nova

MORGAN

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss