Kerm Pharma solicitou a licenza de obra para a súa nova planta de produtos farmacéuticos

• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta está avanzando na tramitación das autorizacións e informes logo da calificación do proxecto como iniciativa prioritaria

osé Luis Diaz-Varela Somoza, Presidente de Kerm Pharma e o Alcalde de Monforte José Tomé Roca. Foto GPCM.

Con expectación e optimismo séguese o día a día en relación co proxecto para a construción no Polígono do Reboredo de Monforte da nova planta de produtos farmacéuticos do grupo Kern Pharma. E é que, tal e como sinalamos nalgún artigo anterior, aínda que os monfortinos volvémonos, non sen motivo, especialmente desconfiados con este tipo de anuncios, este proxecto ten detrás a un monfortino emigrado a Barcelona, e sabemos que o apego con esta terra nunca se perde, é máis, tende a incrementarse desde a distancia. Por iso, hai confianza en que se materialice, e contribúa ao renacer económico dunha comarca especialmente maltratada no industrial no últimos trinta anos. É por iso que nos é grato trasladar a información recibida desde o concello de Monforte, na que nos confirman que o grupo farmacéutico xa solicitou a pertinente licencia para iniciar as obras, na súa primeira fase.
De feito, José Luis Diaz-Varela Somoza, Presidente de Kerm Pharma visitou recentemente Monforte xunto coa súa familia e tivo varios encontros co Alcalde, José Tomé, que o convidou a visitar os Monumentos da cidade e algunha bodega xunto cos viñedos.
Nas conversas que mantiveron analizaron o cronograma das obras para implantar a fábrica de medicamentos de Kerm Pharma na súa primeira fase e empezar xa coas actuacións que se levarán a cabo en breve en Monforte. Froito desas conversas xa se deron os primeiros pasos xa que Kerm Pharma solicitou a licenza de obra de forma telemática o pasado día 28 de febreiro ás 16:07 horas da tarde. Con data 3 de marzo, ás 11:24 horas tamén solicitou permiso por rexistro electrónico á Deputación Provincial de Lugo, dado que a futura fábrica de medicamentos linda coa estrada provincial de Monforte a Sober por Neiras, que é a via principal do Polígono e debe de contar con informe favorable preceptivo da Deputación.
Este proxecto tanto na Deputación como no Concello vai ter a consideración de proxecto prioritario o que lle permitirá ó Concello de Monforte concederlle a licenza dentro do presente mes de marzo en Xunta de Goberno. Aínda que os datos concretos do proxecto serán facilitados pola empresa, tal e como procura facer o Alcalde con tódolos proxectos empresariais, o comezo das actuacións será durante a presente primavera das que dará boa conta D. Raúl Díaz-Varela, Vicepresidente executivo do grupo Indukern e Presidente de Kerm Pharma, no transcurso dunha visita a Monforte que se producirá en breve, posiblemente a finais de marzo ou principios de abril.
Compre lembrar que o proxecto de Kerm Pharma está concibido para fabricar en catro áreas produtivas de medicamentos diferentes cando o proxecto estea completo, cun investimento de máis de 60.000.000 € e arredor de 100 postos de traballo.
Nesta primeira fase a licenza foi solicitada para un investimento de 31.193.572 € e unha creación de entorno aos 50 empregos. A implantación de Kerm Pharma en Monforte, laboratorio líder na produción de medicamentos, supón un impulso económico e social para a cidade de importancia capital.
Pola súa banda, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, durante a súa visita á empresa monfortina Fenestra declarou que dende a Xunta «están avanzando na tramitación das autorizacións e informes que van permitir que nas vindeiras semanas o proxecto do Grupo Indukern na comarca poida comezar as obras de construción».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Coidados porta a porta no Saviñao

Seguinte Nova

Francisco Conde pon á empresa monfortina Fenestra como exemplo de PEME competitiva

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss