MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023

Xa está en marcha a edicicón 2023 do O festival 17º Ribeira Sacra que este ano se celebrará durante os días 28, 29 e 30 de Julio e coa súa primeira tirada de abonos xa esgotada. E comezan a confirmar os nomes dos grupos participantes nesta edición. A Costa Brava, a banda pontevedresa Lontreira e Pastor Eléctrico. E cabe destacar que volve por estas terras o grupo madrileño Morgan, coa súa nova proposta musical: «The River and the Stone». Un conxunto de dez cancións gravadas en Francia e compostas despois do confinamento que nos mostran que a banda segue tendo unha enerxía como a dos seus primeiros traballos. A voz de Nina toma o mando e os instrumentos fúndense complementando á mesma. Todo un luxo poder volver gozar de Morgan, grupo que xa nos deleitou cun concerto memorable en 2018, nunha noite máxica de eclipse lunar, na súa primeira aparición no festival.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Francisco Conde pon á empresa monfortina Fenestra como exemplo de PEME competitiva

Seguinte Nova

Éxito rotundo da Feira do Viño de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: