O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, foi o encargado de presidir o pasado oito de marzo a constitución do novo pleno do consello regulador da denominación de orixe (DO) Ribeira Sacra, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.
Así, este novo pleno quedou conformado por 12 vogalías, 4 por candidatura única e 8 por pactos electorais. As 4 primeiras corresponden a Viticultores e Adegueiros da Ribeira Sacra, mentres que as 8 restantes foron para Viticultores non comerciais e Viticultores e Adegueiros da Ribeira Sacra.
Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Antonio Lombardía Crespo. No tocante á vicepresidencia primeira, será asumida por Héctor Ferreiro Abelairas, do sector produtor; mentres que a vicepresidencia segunda será asumida por César Enríquez González, de Adega Cachín SC, como representante do sector industrial.
Desta maneira ponse fin ao mandato de máis de 30 anos de Jose Manuel Rodríguez á fronte do CRDO Ribeira Sacra, un mandato que terminou envolvido en polémicas, entre outras cousas, pola súa resistencia para convocar un pleno no que se puidese debater unha moción de censura. O presidente saínte deixa o posto reivindicando a súa xestión e levantando unha serie de dúbidas sobre os novos encargados de dirixir a denominación de orixe. “Sempre fixen todo o traballo dentro da legalidade e houbo outra xente que non estivo dentro da legalidade, pregúntenlle a eles porque non fixeron o que tiñan que facer e refírome tamén á AGACAL e á súa Consellería.”
“Agora hai unha eleccións e hai unhas listas, nesas listas hai uns señores que falaron isto, incumpriron isto e fixeron estas propostas, baixar o grao, baixar os controis. Hai xente nestas listas que apoia que todo o Val de Lemos sexa unha viña e que se saquen os viñedos das ribeiras e se pasen para os llanos,… que expliquen eles porque queren estas cousas» sinalaba Rodríguez.
“Quédame a satisfacción do deber cumplido. Dixen que traería o barco a porto e fíxeno. Un traballa para facer as cousas da mellor maneira e os resultados están aí, son bos, que como todas as cousas son matizables, valorables, pois si, pero a realidade é que saimos de cero e hoxe estamos nun territorio cun nome, cunha dimensión internacional e todo isto se se plantexa hai 30 anos soaba a cousas de tolos. Hoxe existe porque se fixo un traballón para que isto sexa así. Só fun un máis dos que traballou nisto, un participante de que isto sexa o que é.”.
A quenda é agora para o novo equipo presidido por Antonio Lombardía, a quen corresponde marcar as liñas mestras que seguirá a súa xestión nos próximos anos, e resolver as dúbidas que sobre a mesma deixou entrever o presidente saínte.•
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
A Deputación de Lugo cualifícaas de insuficientes e o BNG critica a tardanza e escasa dotación
A presentación do novo viño tivo lugar na bodega Vía Romana O pasado 3 de setembro,
No impoñente Mosteiro de Santa María de Montederramo, celebrouse o acto institucional en conmemoración do 900
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén de presentar no a comezos de mes no Pazo
Centos de viticultores, adegueiros e representantes institucionais concentráronse o pasado venres 6 de setembro diante da