
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de presentar no hórreo romano de Proendos a programación da XLIII Feira do Viño de Amandi, as actividades que forman parte do Mes do Amandi e o cartel anunciador do evento, cuxo autor é o deseñador gráfico Daniel Camino.
Este ano o convidado de honra é o Concello de Quiroga, nunha feira que por vez primeira vai comezar o venres 31 de marzo e estenderse durante o sábado e domingo de Ramos. Para a presente edición están inscritas 23 adegas da subzona de Amandi.
Mes do Amandi
Tras este primeiro acto no hórreo romano de Proendos, dende o día 7 de marzo xa se levan celebrando diversos actos dentro da programación do Mes do Amandi, cunha programación que terá continuidade ao longo de todo o mes de marzo.
O venres 17 de marzo ás 17:30 horas os participantes nas Merendas con Contos visitarán os viñedos de Viticultores do Amandi. Ás 19:30 horas no Centro Sociocultural farase a presentación do libro ‘Aproveitamento do mineral de ferro de Freixo’ organizado pola Libraría da Proencia.
O martes 21 de marzo ás 12:00 horas na Escola de Hostalería de Rosende terá lugar o concerto ‘A cultura musical do noso viño’, música de raíz da Fundación Legar.
O mércores 22 de marzo ás 12:00 horas no CEIP Plurilingüe Virxe Carme haberá un ‘Taller de Iniciación a análise sensorial’ organizado por Vinosacra.
O xoves 23 de marzo de 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende haberá unha Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con Pataca de Galicia. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e IXP Pataca de Galicia.
O sábado 25 de marzo ás 21:00 horas no Pavillón do CEIP Virxe do Carme terá lugar a presentación da nova tempada de Barantes Sport, organizada por Barantes Sport.
O domingo 26 de marzo ás 19:30 horas no Centro Sociocultural de Sober terá lugar o Recital de Piano a cargo de Laura Ballestrino organizado polas Xuventudes Musicais de Sober.
O martes 28 de marzo de 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober levarase a cabo o ‘3º Concurso de sumillers’ organizado pola Escola de Hostalería de Rosende.
Ademais, do 15 de marzo o 15 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XLIII Feira do Viño de Amandi.
CATA DE VIÑOS
Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira.
Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2022, un premio para viños brancos da anada de 2022, un premio para viños rosados da anada 2022 e un premio para viños envellecidos en barrica.
Organiza: Vinosacra
CONCURSO DE CARTEIS
Presentáronse 30 orixinais chegados de diferentes puntos do Estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Daniel Camino Barral de Arzúa. •
Moitas actividades nunha Feira que terá a Xosé Antonio Touriñán como pregoeiro

A Feira do Viño, ademais das actividades programadas durante o mes do Amandi, ofrecerá un amplo programa de actividades:
Venres 31 de marzo
-Ás 20:00 horas. Inauguración a cargo da Adega Frieria de Vilachá de Doade, en lembranza de Ramón Fernández Fernández.
-Ás 20:30 h. Actuación dun grupo de música tradicional
-Ás 22:30 h. Actuación da Charanga Festicultores Troupe.
Sábado 1 de abril
-Ás 11:00 h. Apertura de stands.
-Ás 12:00 h. Actuación do Grupo de Música Tradicional Rechouchíos de Taboada.
-Ás 17:00 h. Comezo da Precata Oficial.
-Ás 18:30 h. Concerto da Banda de Música de Sober.
-Ás 20:00 h. Actuación da Charanga Louband de Sarria.
-Ás 23:00 h. Actuación de Gin Tonic’s na Praza do Concello.
Domingo 2 de abril
-Ás 10:45 h. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11:00 h. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11:30 h. Cata Final Oficial.
Ás 11:30 h. Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12:30 h. Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13:00 h. Pregón a cargo de
Xosé Antonio Touriñán, humorista, actor e presentador.
-Ás 13:30 h. Entrega de Premios.
-Ás 17:30 h. Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 h. Baile coa orquestra La Oca Band. •