Veciños de Parteme reúnense coa Deputación para mellorar os servizos neste núcleo

Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa voceira socialista do Goberno provincial e responsable da área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto e expuxéronlle as necesidades desta aldea, entre as que destaca a necesidade de obras que posibiliten o acceso de ambulancias ó núcleo de poboación. Os veciños de Parteme valoraron de xeito moi positivo a colaboración cos concellos que vén desenvolvendo a Deputación. Pilar García Porto escoitou a exposición e comprometeuse a estudar a situación para ver as posibilidades de dar resposta a unha demanda “que concorda coas grandes liñas de traballo que desenvolvemos en cooperación cos concellos, como son a aposta pola mobilidade e, dende logo, garantir que todos os veciños, vivan onde vivan, teñan acceso a unha atención sanitaria de igual calidade”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Casa dos Muros en Pantón, reinventándose en Turismo Rural

Seguinte Nova

Presentado no hórreo romano de Proendos o comezo do Mes do Amandi

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss