Benjamín Escontrela será o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Sarria

Benjamín Escontrela, candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Sarria. Foto GPPSdeG

Benjamín Escontrela é o candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Sarria. Así o aprobou a Executiva do PSdeG e validada pola Comisión de Listas nunha xuntanza inmediatamente posterior.O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, destaca “a recoñecida solvencia profesional e política” de Escontrela, “que empeza unha nova etapa co aval dun partido municipalista, como é o PSOE, poñendo por encima de todo ós veciños de Sarria”. “Non vén buscar nada á política, porque non lle fai falta. Só busca o ben de Sarria”, recalcou. José Tomé tamén puxo en valor “o alto coñecemento da realidade social e económica” do concello sarriano de Benjamín Escontrela

Catro prioridades moi claras
Nado en Sarria, no Barrio Nuevo, onde viviu sempre coa súa familia, Benjamín Escontrela é médico, e desenvolveu a maior parte da súa actividade profesional no municipio sarriano. Unha ampla traxectoria profesional, reforzada polos últimos anos en política como Concelleiro, grazas ás que coñece “moi ben a realidade do meu pobo e as súas necesidades”.
Neste sentido, o candidato socialista, que afronta este novo reto “con enerxía e moitas ganas de traballar por Sarria dende a Alcaldía”, marca como prioridades a promoción económica e industrial, con medidas como “a posta a disposición de solo para que as empresas non sigan marchando, como está sucedendo na actualidade, e para que veñan novas empresas”.
Tamén, o deseño e implantación dun “bo plan de servizos sociais, de axuda a domicilio, axuda no fogar e conciliación laboral e familiar”, como impulsou neste últimos anos como Concelleiro. Neste ámbito, considera esencial “unha reforma estrutural en todos os sentidos da residencia, que hai que ampliar e adecentala, ademais de crear un centro de día, onde se poidan desenvolver talleres de memoria ou terapia cognitiva, entre outras actividades”. Potenciar o Camiño de Santiago como recurso xerador de riqueza e emprego en Sarria, “onde podemos ofrecer todos os servizos que precisan os peregrinos para o seu benestar, tanto atención sanitaria as 24 horas, como servizos de tren ou albergues, entre outros”, é outra das súas apostas. Para Benjamín Escontrela é así mesmo prioritario apoiar o medio rural, traballando dende o Concello para dotar e mellorar todos os servizos dos veciños e veciñas, ben sexa en materia de saneamento, abastecemento ou estradas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello do Incio colabora coa Fundación Uxío Novoneyra

Seguinte Nova

Iníciase o procedemento para o desenvolvemento do polígono agroforestal de Bóveda

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss