



Millerios de persoas acudiron ao recinto feiral da edición número XLI da Feira do Viño de Quiroga, na que foi unha das máis concorridas e exitosas da súa historia. E a iso contribuíu, ademais do variado e ambicioso programa de actividades, sen dúbida a presenza como pregoeiro dun dos rostros máis populares da televisión española, Carlos Sobera, outra estrela de Tele 5 que se pasou por Quiroga, grazas á relación amigable que mantén o Alcalde cun dos directivos da cadea. e a elección foi todo un acerto, pois ademais de levantar o interese de moitos curiosos que se achegaron a ver de preto ao presentador, a súa presenza como pregoeiro non pasou desapercibida para moitos compañeiros de cadea televisiva, o que proporcionou á Feira do Viño de Quiroga un extra de presenza mediática que non é fácil de conseguir. E é que programas como o magacín da fin de semana “Fiesta”, o “Programa de Ana Rosa”, “Ya es mediodía” e o informativo “Cuatro al dia” falaron da Feira do Viño e do seu pregoeiro Carlos Sobera. Se a todo iso unimos a habitual e entusiasta predisposición á participación dos veciños de Quiroga, vemos a fórmula máxica para que a Feira deste ano fose un auténtico éxito.•