
O bo tempo acompañou á edición da XIII Carrera Popular de Monforte, que se desenvolveu o pasado 2 de abril, e que contou con 1.132 atletas rexistrados, o que supuxo un auténtico éxito de participación, que ademais se viu referendado polo numeroso público que se achegou ás rúas polas que transcorreu a proba. O Alcalde, José Tomé Roca, amosou a súa satisfacción tralo remate da 13ª edición da Carreira Popular de Monforte, porque “esta cita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, que abarrotou a zona de saída e meta, na Compañía. O bo tempo tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”. O Alcalde subliñou que “seguimos recuperando eventos importantes dentro do noso calendario anual de actividades nunha volta á vida normal. É unha gran satisfacción que esta cita atlética resultara todo un éxito, e unha gran noticia a gran participación nas probas de menores porque con estas actividades contribúese a que adquiran o hábito de practicar deporte e levar unha vida saudable”.Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López e o voceiro municipal do BNG Emilio Sánchez. En categoría masculina absoluta, o gañador foi Jorge Puig Malvar mentres que na absoluta feminina, foi a deportista Edymar Breu Abreu a gañadora. •