Monforte renova os votos coa Virxe de Montserrat o Martes de Pascua

Como é tradición dende finais do século XVI, o Martes de Pascua, volvéronse a celebrar os actos das honras á Virxe de Montserrat, sendo día festivo en Monforte.
Desta forma, a comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros da Corporación municipal, representantes institucionais, e dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 11 horas, á misa na honra da Virxe de Montserrat, na Igrexa da Régoa, dado que a Igrexa de San Vicente, lugar que tradicionalmente acolle estes actos litúrxicos, segue pechada debido ás obras de restauración que nela se están a levar a cabo.
A eucaristía foi presidida polo párroco D. Rafael Mella e contou, como é tradición coa presencia das Camareras da Virxen, así como dos membros da súa cofradía.
Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, tivo lugar unha procesión coa imaxe polo atrio da igrexa, e tras ela, o Alcalde de Monforte renovou os votos coa Virxe e procedeuse á bendición dos campos.
“Dende que son Alcalde, comprometinme a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e deste xeito, hoxe Martes de Pascua, mantivemos esta centenaria tradición na que renovei os meus votos e comprometinme a seguir celebrando tanto este día como o 15 de agosto, no que honramos a nosa patroa”, manifestou o rexedor monfortino. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ana Pontón, portavoz nacional, asistiu á presentación de Emilio Sánchez como candidato do BNG á Alcaldía de Monforte

Seguinte Nova

Sarria remata a liquidación do exercicio 2022 cun remanente de 4,9 millóns de euros para gastos xerais

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss