Monforte vibrou co ambiente festivo da XIX Feira Medieval

O alcalde de Monforte, José Tomé, xunto a membros da Corporación Local. (F.: MONTERO)
As caracterizacións da Feira Medieval acadaron notables resultados. (Foto: PILI CHAOS)

•A XIX Feira Medieval, celebrada en Monforte de Lemos do 8 ao 9 de abril, rematou coa entrega dos premios aos gañadores dos diferentes concursos convocados nesta edición.
O VII Concurso de decoración de Balcóns Medievais outorgou o primeiro premio, de 100 euros, a Mª Belén Prieto, de rúa Falagueira, mentres que o segundo, de 75 euros, foi para Casino Ateneo, na Avda. de Galicia, e o terceiro correspondeu a Afamón, na rúa Cardenal, con 50 euros.
No VIII Concurso de decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros resultaron premiados Carpe diem, en Hermida Balado,5 (primeiro premio de 200 euros); Phildar, en Doctor Casares, 12 (segundo premio de 100 euros), e Calzados Aira, en Cardenal 15 (terceiro premio de 75 euros).

PREMIOS AOS MELLORES TRAXES
Na categoría infantil do Concurso de Traxes Medievais, os gañadores da modalidade individual foron Héctor Linares Magdalena (primeiro premio de 50 euros), e Beatriz Rodríguez Varela (segundo premio de 25 euros). Na modalidade de parellas infantil, recibiron o primeiro premio (100 euros) Ana e Belén Álvarez Díaz, e o segundo (75 euros) foi para Oliver e Edgar Quiroga Sarceda.
A categoría adulto do Concurso de Traxes Medievais recoñeceu, na modalidade individual, a Mª Pilar Álvarez Ramil (primeiro premio de 75 euros), e a Verona Campos Martínez (segundo premio de 50 euros). Na modalidade de parellas, o primeiro premio de 175 euros foi para Lucía Varela e Alberto, mentres que o segundo, de 125 euros, correspondeu a María Goretti Rodríguez e José Manuel. Por último, na modalidade de grupo adulto, entregouse o primeiro premio, dotado con 275 euros, a Mercedes Rodríguez Somoza. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Pantón anuncia melloras de rúas e alcantarillado

Seguinte Nova

O novo Centro de Competencias Dixitais de Monforte xerará 34 novos empregos e unha achega de 900.000 euros ao PIB local

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: