O Concello de Pantón anuncia melloras de rúas e alcantarillado

O concello de Pantón aprobou na última sesión plenaria o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil para poñer o colector en San Martiño de Pantón. Esta actuación permitará dar servizo de alcantarillado a todos os núcleos do municipio.
O convenio recolle un investimento en dúas anualidades de 1.036.000€, dos que a CHMS aporta 828.800€ e o concello de Pantón 207.200€. O convenio foi aprobado por unanimidade do pleno polo que o alcalde, José Luis Álvarez, amosa a súa satisfacción con este proxecto, por entender que suporá unha importante mellora do servizo para todo o municipio.

OUTRAS MELLORAS
Outras melloras que se executarán próximamente teñen que ver con importantes actuacións en rúas e beirarrúas. Investiranse 48.000€ na beirarrúa que sae do campo de Goián ao Lugar de Abaixo, 46.000€ no alfaltado e renovación de rúas en Ferreira, Goián e Toldaos. Melloraranse tamén rúas en Ramos, Segade e Seregude con 30.000€ e 45.000€ adicaranse a melloras en Serode, Panfulía, Casa do Conde, Casa Nova, Castillalbo en Tuiriz, Pereiro e Guimarás.
A mellora dos accesos á piscina, obra que non se puido executar con cargo ao Plan Único por incumprimento da empresa adxudicataria, executarase agora nunha parte que financiará o concello de Pantón con 43.000€, sendo o resto aportación do GDR Ribeira Sacra Courel.
Senda peonil
en Tuiriz
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou o investimento da Xunta de 329.000 € para dotar aos veciños de Toiriz, en Pantón, dunha nova senda peonil que se iniciará no verán. O anuncio fixoo Vázquez Mourelle ana parroquia de Santa María de Toiriz durante a presentación, xunto co alcalde, da nova actuación da Xunta en Pantón. Xa está en fase licitación as obras da nova senda de 530 metros a ambos os lados da LU-617, ao seu paso polo núcleo de Toiriz. As empresas interesadas teñen agora de prazo ata o 26 de abril para presentar as súas ofertas.
A titular de Infraestruturas da Xunta avanzou que as novas obras no núcleo de Toiriz, que suporán un investimento de preto de 329.000 €, prevén iniciarse no verán, polo que no primeiro trimestre de 2024 os veciños de Toiriz dispoñerán xa deste novo itinerario para realizar os seus desprazamentos cotiáns a pé de xeito cómodo, seguro e saudable.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta pon en valor a tradición oliveira de Quiroga nunha visita dunha delegación andaluza

Seguinte Nova

Monforte vibrou co ambiente festivo da XIX Feira Medieval

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss