O Consello Regulador tramitará ata o 24 de abril as axudas para a reestruturación e reconversión da viña

Foto MONTERO

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 27 de marzo a orde de axudas da Consellería do Medio Rural para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia neste 2023, cun orzamento de 3 millóns de euros. O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de replantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas.
Os beneficiarios poderán solicitar anticipos de ata un 80% da axuda aprobada, no caso de que precisen efectuar pagamentos inmediatos dado o investimento proxectado, sempre e cando constitúan unha garantía por un importe cando menos igual ao do pago anticipado. O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e prolóngase ata o 24 de abril. Neste período, os viticultores inscritos no rexistro da D.O. Ribeira Sacra poderán tramitar as axudas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, sita en C/Comercio 6-8, 1º piso de Monforte. Pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 982 41 09 68. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitou as instalacións de Abadía da Cova, de Adegas Moure

Seguinte Nova

Xa está aberto o prazo para inscribirse na terceira edición do programa Actívate

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss