Segundo un estudo de KPMG, durante 2023 o Centro de Competencias Dixitais (CCD) de Monforte de Lemos xerará 34 novos empregos e unha achega de 900.000 euros ao Produto Interior Bruto.
O impacto socioeconómico do novo centro certifícase principalmente na creación de novos postos de traballo tanto directos como indirectos, así como as melloras inducidas que provocan na súa contorna. En 2023, o CCD de Monforte permitirá que a taxa de desemprego neste municipio redúzase nun 0,45%. O CCD de LogiRAIL, filial de Renfe en Monforte de Lemos, do mesmo xeito que o resto de centros situados noutros puntos da xeografía española, tamén está a achegar á igualdade de oportunidades en pequenas e medianas poboacións coas grandes cidades, potenciando o desenvolvemento e modernización nas mesmas. Ademais, está a fomentar a incorporación das mulleres a un ecosistema tecnolóxico maioritariamente masculino. Emprego de calidade de forma directa como os postos de traballo indirectos que se están creando nestas zonas onde se sitúan os CCD.
Lembremos que o CCD de Monforte púxose en marcha o pasado 31 de marzo, converténdose no primeiro de LogiRAIL (filial de Renfe) en Galicia, cunha anticipación considerable grazas ao traballo conxunto de Renfe e o Concello de Monforte para a súa posta en marcha.
Os Centros de Competencias Dixitais de LogiRAIL forman parte do Plan de Deslocalización de Recursos do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, concibido como motor de medidas para mellorar a competitividade, o desenvolvemento de novas actividades económicas, o aproveitamento de recursos locais e o talento asociado á contorna.
Esta iniciativa foi incluída na actualización do Plan Estratéxico de Renfe, que ten como metas impulsar a eficiencia tecnolóxica, acelerar a transformación dixital da compañía e situar a Renfe no coñecemento e aplicación de tecnoloxías dixitais claves no escenario de liberalización ferroviaria.
O obxectivo dos CCD é internalizar e trasladar parte dos servizos centrais da operadora a localidades de baixa densidade demográfica, nas que dispón de espazos por tratarse de enclaves de especial relevancia ferroviaria:
• Robotics&IA – Alcázar de San Juan (Ciudad Real)
• Application Management – Miranda de Ebro (Burgos)
• Infrastructure Management – Teruel (Teruel)
• Customer care – Linares (Xaén)
• Dōcō – Mérida (Badaxoz)
• Cibersecurity – Monforte de Lemos (Lugo).•
Previsión de chegar a 100 postos de traballo
Aínda que a plantilla inicial do proxecto estará entre 35 e 40 traballadores, as previsións estiman un incremento da plantilla coa previsión de chegar a 100 postos de traballo, según se vaia implantado no mercado o novo servizo.
Acompañado do Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro, e o representante institucional de Renfe, Javier Pérez o alcalde de Monforte José Tomé Roca, participou no acto inaugural do CCD de Monforte, nas súas novas instalacións de más de 600 m2 na Rúa Molinos de Antero. O alcalde destacou “é unha satisfacción que remataran ben as xestións que fixo o Concello para que sexa en Monforte onde se instale o centro de operacións de ciberseguridade, que é pioneiro en Europa, colocando á cidade do Cabe, no mapa de innovacións tecnolóxicas”. “Ademáis constitúe unha oportunidade de creación de emprego de calidade que permitirá fixar poboación na cidade”.
Pola súa parte, o Director Xeral de LogiRAIL, Óscar Gómez, mostrouse moi satisfeito de dar comezo ás actividades. mentres o Director Xeral de operacións de Renfe, José Luis Cachafeiro, dixo estar encantado de poder vir ao seu pobo, con esta nova noticia e puxo en valor a LogiRail que ten máis de 3.000 empregados cunha facturación de 100 millóns de euros.•