O novo decreto de dependencia facilitará e simplificará o acceso a servizos e axudas

O novo decreto unificará nun só procedemento os dous que se requiren agora para obter un recurso de dependencia: o de solicitude de recoñecemento de grao e o Programa individual de atención (PIA). Foto GPXG..

O Consello da Xunta vén de aprobar o Proxecto de decreto de dependencia e que permitirá facilitar e simplificar o acceso a servizos e axudas.
“O obxectivo é reducir o papelame, eliminar duplicidades e acelerar o tempo ata que o dependente recibe a prestación”, indicou o Presidente da Xunta Alfonso Rueda, quen ademais resaltou que grazas a este novo marco normativo, que se enmarca no Plan de choque da dependencia que ten en marcha a Xunta, vai cambiar “sustancialmente” o procedemento para obter a valoracion do grao de dependencia ou a prestación correspondente.
O decreto vai incidir en tres aspectos. Por unha banda, a redución do número de documentos que deben presentar as persoas interesadas en obter un recoñecemento de dependencia. “De presentar unha ducia de documentos pasarase só a dous: un informe médico e un informe social”. En segundo lugar, unificará nun só procedemento a obtención dun recurso de dependencia, o de solicitude de recoñecemento de grao e o Programa individual de atención (PIA). Na actualidade ata que non se finalizaba a valoración do usuario e se lle recoñecía un grao de dependencia non se realizaba o PIA. “Agora vaise tramitar todo o mesmo tempo”, indicou Rueda.
E en terceiro lugar, redefinirase o concepto PIA para facelo máis completo e duradeiro. Deste xeito, o programa comportará unha prestación económica pública e incluirá alternativas ao servizo preferido no caso de que a primeira opción do solicitante non conte con prazas dispoñibles. Os usuarios con o PIA aprobado e que non teñan acceso nese momento ao servizo solicitado poderán recibir xa desde o inicio a prestación económica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os mozos menores de 36 anos poiderán solicitar avais públicos para a compra da súa primeira vivenda

Seguinte Nova

A Mesa pola normalización lingüística organiza a charla «Rachando Barreiras»

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss