O vicesecretario de Organización do PP Miguel Tellado mantivo unha xuntanza de traballo en Samos con candidatos da comarca de Sarria

Xuntanza de traballo en Samos entre Miiguel Tellado e candidatos da comarca de Sarria. Foto GPPP.

O vicesecretario de Organización do PP Miguel Tellado fixo unha rolda de prensa ante os medios de comunicación, logo da xuntanza de traballo que mantivo en Samos con candidatos da comarca de Sarria, Miguel Gallego, candidato a alcaldía de Samos, Héctor Corujo (O Incio), José Manuel Mato (Paradela), José Luis López (O Páramo), Carmen José López (Sarria), Olga Iglesias (Triacastela) e Olga Capón (Láncara). O vicesecretario de organización do PP destacou que a Deputación de Lugo necesita un cambio “tras anos de sectarismo”, resaltando o importante papel dos populares no partido xudicial de Sarria para logralo: “É necesario un goberno de todos e para todos, que non mire a cor política de cada concello, senón que cubras as necesidades dos veciños”. Respecto diso da polémica xurdida coa candidatura de Miguel Gallego á alcaldía de Samos, Tellado declarou recoñecer nela “un proxecto de futuro para un Samos mellor, que siga avanzando pese ao abandono ao que foi sometido ao longo dos últimos anos por parte da Deputación de Lugo”.
Miguel Tellado tamén se referiu nas súas declaracións a aspectos da política nacional. Nesta liña sinalou que cada vez hai máis socialistas que non se identifican co PSOE de Sánchez, que converteu esta formación nun “partido sanchista” no que “aqueles que se atreven a alzar a voz son purgados”; como lle sucedeu ao expresidente da Comunidade de Madrid, Joaquín Leguina. «Eses socialistas que non se senten identificados co sanchismo miran ao PP na busca dun partido que pretende ser alternativa de goberno en España e tamén en Samos”, engadiu.
O vicesecretario de Organización do PP asegurou que “en España xa non hai un Goberno de coalición, senón de colisión”, explicando que o Executivo está formado agora por tres socios: o PSOE, Podemos e aqueles que se foron do partido morado á formación de Yolanda Díaz, e considerou que “Sumar consistiu en dividir Podemos e un Goberno que hoxe é máis fráxil e débil que fai semanas”, explicou ao tempo que lamentaba que, mentres Díaz “monta un partido á súa imaxe e semellanza”, en España seguen saíndo á rúa cada vez máis agresores sexuais pola incompetencia de todo o Executivo central.
Finamente, mostrouse confiado coas posibilidades do PP a nivel nacional e aseverou que 2023 será “o ano do cambio” e que este só pode vir da man do PP e de Alberto Núñez Feijóo, recalcando que as eleccións municipais e autonómicas serán antesala dos comicios xerais que permitirán aos populares “dar os gobernos serios e solventes que precisan os cidadáns”.
A xuntanza de Samos tamén contou coa presenza de Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG, que manifestou a súa aspiración de que o proxecto da formación se traslade a toda a comarca de Sarria, poñendo en valor aos candidatos que xa están á fronte de alcaldías “consolidadas” e ás que “moi pronto se sumarán” a este grupo.
Paula Prado puxo en valor a Miguel Gallego como “referente da xente nova que se implica na política”, Paula Prado asegurou que o candidato de Samos “vive e traballa por e para o seu concello”. A número dous dos populares galegos declarou que “Se o PPdeG é o partido que máis se parece a Galicia é porque defendemos o rural. Porque o rural non é algo que se ve desde os despachos de Madrid, senón que hai que vivilo e sentilo como fan Miguel e todos os nosos alcaldes e candidatos da comarca de Sarria”.
Pola súa banda, Miguel Gallego, candidato popular a alcaldía de Samos, lembrou “Eu veño traballar polos veciños de Samos, non a facer conto”, remarcou Gallego sobre o seu proxecto ao tempo que poñía en valor ter un “moi bo equipo de traballo”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xa está aberto o prazo para inscribirse na terceira edición do programa Actívate

Seguinte Nova

Arrincan con forza as Rutas Fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: