Os mozos menores de 36 anos poiderán solicitar avais públicos para a compra da súa primeira vivenda

O programa está dotado dun orzamento global de 5 millóns de euros . Foto GPXG.

Esta semana acábase de publicar no DOGA a primeira convocatoria do programa de avais públicos dirixido a mozos menores de 36 anos para facilitarlles a compra da súa primeira vivenda.
O prazo para que os interesados poidan presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica abrirase o próximo 28 de abril e estenderase ata o 30 de novembro. A convocatoria conta cun orzamento de ata 5 millóns de euros e ten como obxectivo facilitar o acceso da mocidade galega ao seu primeiro fogar en propiedade a través da concesión de avais hipotecarios que poderán chegar ata o 20% do prezo de adquisición do inmoble por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
A vivenda terá que estar localizada en Galicia e destinarse a residencia habitual do comprador durante o período de duración do aval. Neste sentido, no momento en que o propietario abone á entidade financeira a cantidade equivalente ao aval público recibido, este perderá a súa vixencia.
Será condición imprescindible que a hipoteca para a que se solicita o aval supoña entre o 80% e o 100% do importe de adquisición da vivenda.
Así mesmo, as contías que abone o beneficiario deberán destinarse exclusivamente ao pagamento da débeda hipotecaria.
Ademais, o importe de adquisición do inmoble non poderá superar as seguintes contías: 240.000 euros nos concellos da Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Ourense; 180.000 euros se se localiza nas cidades de Lugo e Ferrol ou en concellos de tamaño medio e carácter periurbano; e 130.000 euros no resto de municipios galegos.
Deste xeito e tendo en conta que o aval non pode exceder o 20% do prezo de compra da vivenda, a contía máxima respaldada pola Xunta será de 48.000 euros para o primeiro grupo de concellos, de 36.000 euros para o segundo e de 26.000 euros para o terceiro.
En canto aos requisitos dos beneficiarios, estes deberán acreditar uns ingresos anuais de entre 16.800 euros e 46.200 euros.
Se a compra do inmoble corre por conta de máis dunha persoa, o límite conxunto elevarase ata os 54.600 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Iníciase o procedemento para o desenvolvemento do polígono agroforestal de Bóveda

Seguinte Nova

O novo decreto de dependencia facilitará e simplificará o acceso a servizos e axudas

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss