Sogama instalará unha liña de transferencia para a materia orgánica na Planta de Monforte

• Unha vez reformada, a planta servirá a 18 municipios que incorporarán os contedores marróns para a recollida selectiva destes residuos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, ante os alcaldes e portavoces locais dos municipios da comarca. Foto GPXG.

Sogama inviste 1 millón de euros para dotar á planta de Monforte de Lemos cunha liña de transferencia para a materia orgánica, que se recollerá de forma diferenciada a través do contedor marrón que os concellos deberán implantar antes do próximo 31 de decembro, conforme á normativa europea.
Así o explicaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente da empresa pública, Javier Domínguez, ante os alcaldes e portavoces locais dos municipios que veñen utilizando esta instalación ou que o farán nun futuro.
Os concellos adscritos a esta instalación xa remiten os residuos correspondentes aos contedores amarelo (envases de plástico, latas e briks) e xenérico (resto ou non reciclable); coa ampliación para os restos orgánicos evitaranse os desprazamentos a outras instalacións, o que suporá un aforro económico para arcas municipais e a redución de emisións contaminantes.
Unha vez reformada, a planta poderá transvasar a materia orgánica procedente dun total de 18 municipios que aglutinan unha poboación de 53.593 habitantes. Está previsto que poida entrar en servizo a mediados do vindeiro ano.

MELLORAS EN EFICIENCIA
Aproveitando esta obra, Sogama executará unha serie de melloras que permitirán que a instalación gañe en eficiencia e prestacións. Entre elas figuran a substitución do pavimento da plataforma de manobras para transporte, con base de material aglomerado, por un novo con formigón armado, achegando maior resistencia ao uso previsto. Tamén se adecuará a superficie de rodadura das vías de circulación da planta cun paquete de pavimento de mellores características construtivas e repararase o aparcadoiro de contedores actual a fin de mellorar o acceso para os camións de transporte.
A fin de axudar aos concellos, que son os que teñen as competencias en materia de residuos, a que dean debido cumprimento ás súas obrigacións legais, a Xunta de Galicia deseñou e impulsou no seu momento unha rede de infraestruturas para a valorización da materia orgánica mediante a súa transformación en compost, integrada por catro plantas de biorresiduos e 13 de transferencia.
Esta rede conta cun investimento de 40 millóns de euros e está cofinanciada, con 30 millóns, con Fondos FEDER REACT-EU como resposta da Unión Europea á crise do COVID-19.

OUTROS PROXECTOS
A iniciativa concrétase en catro importantes actuacións na provincia de Lugo que suman 8,5 millóns de euros de investimento. Así, xunto coa anunciada hoxe en Monforte para o sur da provincia, hai outros proxectos xa moi avanzados nas zonas norte e centro, en Cervo, Riotorto e Lugo. A planta de biorresiduos de Cervo entrará en funcionamento o 1 de xuño. En Lugo e Riotorto proxéctanse plantas de transferencia; a primeira está practicamente rematada e a segunda prevese que estea finalizada entre setembro e outubro deste mesmo ano.
O obxectivo é dar servizo á totalidade dos concellos adheridos a Sogama, de tal forma que estes dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 quilómetros de distancia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CB Chantada xógase a Liga contra Porriño

Seguinte Nova

Dúo Vaguedades, teatro musical na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss