• As persoas interesadas poden anotarse a través do formulario que se atopa na web http://inscricions.deputacionlugo.org






A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para inscribirse nas actividades gratuítas do programa Actívate, unha inciativa que a institución provincial desenvolve por terceiro ano consecutivo para promover o turismo activo, deportivo e de aventura nos concellos da provincia.
As persoas interesadas en participar xa poden anotarse cubrindo o formulario de inscri-ción que estará dispoñible na páxina web inscricions.deputacionlugo.org ou na de turismo.deputacionlugo.gal.
ÁMBITO XEOGRÁFICO DAS ACTIVIDADES DO ACTÍVATE
A programación arrancará este 15 de abril nos concellos de Guitiriz e Chantada, cunha ruta BTT e kaiak polo río, respectivamente. O domingo 16, os participantes poderán elixir entre paddle surf ou kaiak para realizar unha ruta polo río Sil, en Monforte de Lemos.
As inscricións para as próximas actividades abriranse progresivamente todos os venres, ás 8 da mañá, cunha semana de antelación ao día de celebración de cada proposta.
O Actívate chegará nesta terceira edición a 18 concellos da provincia durante as fins de semana dos meses de abril e maio. Contará cun total de 300 prazas, entre 15 e 20 por actividade, e ofrecerá propostas para todos os públicos.
ACTIVIDADES PARA TODOS OS GUSTOS
A programación inclúe desde propostas deportivas para os máis atrevidos cun nivel me-dio-alto de dificultade, como un raid de aventura, surf, kaiak no mar, escalada ou barran-quismo, ata iniciativas de dificultade media-baixa, como pode ser o cicloturismo históri-co, o paintball ou a iniciación á equitación.
Durante a xornada, os participantes contarán cos materiais e equipamento necesario, cun guía ou monitor especializado, e un seguro de responsabilide de civil e de accidentes. •
Calendario de actividades para os meses de abril e maio

O calendario de actividades da terceira edición do Actívate terá lugar durante as fins de semana de abril e ata o 14 de maio.
••• 15 de abril: Ruta en bicicleta de montaña (BTT), en Guitiriz; e pola tarde, kaiak polo río desde a presa de Belesar, en Chantada.
••• 16 de abril: Rutas en paddle surf e kaiak polo río Sil, no concello de Monforte de Lemos.
••• 22 de abril: Canoeing, en Ribadeo; e tiro con arco, na Fonsagrada.
••• 23 de abril: Ruta dos fornos, descenso en tirolina e visita á Mina Consuelo, na Pontenova.
••• 29 de abril: Raid de aventura con actividades que combinan o kaiaking, trekking, orientación e a bicicleta de montaña, en Viveiro; e pola tarde, surf en Barreiros.
••• 30 de abril: Escalada I e II na aldea de Vicuña, en Folgoso do Courel; e pola tarde iniciación á equitación, en Taboada.
••• 6 de maio: Ruta da Faba, en Lourenzá; e pola tarde, Paintball, na Pastoriza.
••• 7 de maio: Cicloturismo histórico, en Abadín e Vilalba.
••• 13 de maio: Barranquismo, en Quiroga; e pola tarde, Snorkel, en Foz.
••• 14 de maio: Kaiak de Mar, en Burela.•