O candidato do Partido Popular á alcaldía do Saviñao, Carlos Armesto, lidera unha candidatura “para consolidar a este municipio como un concello referente da Ribeira Sacra”.
Así de “ilusionado” o manifesta o alcaldable, que indica que “a vontade de todos é a de seguir traballando para dar máis servizos aos veciños nos próximos catro anos”.
Deste xeito, Armesto agradece a todos os membros da lista que “me acompañen neste compromiso que implica un contrato directo cos cidadáns de cara a traballar dende a responsabilidade e a entrega para culminar os proxectos que dende a entidade local están en marcha e de seguir buscando alianzas para traer máis investimentos ao noso concello”.
“Son homes e mulleres dos que me sinto profundamente orgulloso, pois sei que non só representan a un proxecto político e a un partido político, senón que destacan pola súa entrega ao noso pobo e, en consecuencia, aos nosos vosos veciños”. Neste senso, engade: “Considero que esta é unha máxima que, como representantes públicos, sempre temos que priorizar por riba de todo”.
O segundo posto da lista é para Beatriz Rois Castro, e no terceiro aparece o ex-alcalde Joaquín González González.•