O BNG vén de presentar a lista da candidatura ás eleccións do 28 de maio na Pobra do Brollón, o único concello con goberno nacionalistas na comarca de Lemos. Propoñen un grupo que combina experiencia de goberno e novas incorporacións que “achegan ideas e ilusión dende as súas áreas de especialidade” comenta o candidato a alcalde, Xosé Lois Maceda.
Entre as novas caras, no número sete, a técnico superior en administración e finanzas Marián Martínez de 42 anos, e no seis, Noelia Besteiro, profesora de lingua e literatura galega, de 38 anos de idade. Outras novas incorporacións son, no número oito Javier Monterde, avogado e técnico superior en riscos laborais de 60 anos; e no número nove, Agapito Rodríguez, xubilado de Astano de 71 anos.
A lista se complementa no número dous co Manuel González; no tres, Ricardo Rodicio; cuarto, Josefa Rodríguez e no número quinto Óscar Rivera. Maceda salienta que toda a candidatura vive e está censada no concello, formando parte activa da vida comunitaria no día a día da Pobra do Brollón e as súas parroquias. Afirma que a experiencia e a estabilidade institucional acadada ao fronte do goberno municipal demostra que “é posible facerse fortes ante os retos dun concello rural”, e “renova os nosos azos para continuar a traballar con aínda máis ilusión polo futuro colectivo da Pobra do Brollón”.•