Mariano López Nieves, candidato socialista á Alcaldía de Chantada

Mariano López Nieves e José Tomé Roca. Foto GPPSDG.

Mariano López Nieves presentou a súa candidatura á Alcaldía de Chantada para as eleccións do 28 de maio, nun encontro celebrado no Casino da vila no que estivo acompañado de tódolos membros da lista electoral, así como dos concelleiros e concelleiras saíntes. O Secretario Xeral dos PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Secretaria de Organización provincial, Pilar García Porto, e o Secretario Xeral de UU.AA., Roberto García, entre outros responsables orgánicos e cargos institucionais do partido no concello e na comarca participaron no acto. José Tomé subliñou que a candidatura de Mariano López “dará un novo impulso para conseguir a Alcaldía e mellorar o futuro de Chantada. Un impulso froito do gran traballo que nestes últimos oito anos fixo a compañeira Raquel López, que acadou uns excelentes resultados electorais”. Por iso, enxalzou a implicación da socialista: “Gracias pola túa dedicación, polo teu traballo, polos teus valores e polo teu compromiso socialista, que nos levaron a pasar de ser a cuarta foza da Corporación a ser a segunda, pasando do 16% dos votos ó 28%”.
López Nieves agradeceu o traballo de tódolos concelleiros socialistas saíntes: “fixeron un traballo extraordinario ao longo deste tempo. Cónstame que en moitas ocasións foron o único altofalante das queixas e denuncias da veciñanza de Chantada, converténdose nun auténtico referente en toda a comarca”.
“Saímos a gañar para volver a acadar a Alcaldía. Sei que non é un camiño doado, pero traballaremos e empuxaremos dende cada parroquia e dende cada recuncho do noso concello para sacar adiante este proxecto progresista, tan necesario para Chantada”, destacou o candidato socialista, que sitúa como unha das súas prioridades poñer enriba da mesa solucións “para que ningunha empresa ou traballadores do sector produtivo marchen do noso concello, e tamén reverter a pirámide poboacional con políticas activas de natalidade”, como xa fan outros concellos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Carlos Armesto repite como candidato do PP á alcaldía do Saviñao

Seguinte Nova

Axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss