A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou o novo centro residencial de Prodeme

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, achegouse tamén a outros centros de Prodeme e ao centro público autonómico Infanta Elena . Foto GPXG.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta seman o novo centro residencial de Prodeme en Monforte de Lemos, así como outros servizos que esta entidade ten no concello lucense. Durante a visita puxo en valor o seu traballo e dedicación a favor das persoas con discapacidade e as súas familias.
O Edificio Residencial Francisco Suárez foi construido sobre os terreos doados por D. Francisco Suárez Fernández (Presidente de Honra da Asociación PRODEME). Trátase de 20 vivendas tuteladas e totalmente adaptadas ás persoas con mobilidade reducida, destinadas á atención de persoas con discapacidade intelectual e persoas maiores. Trátase dun complexo que ten capacidade de apoio ás vivendas con servizos permanentes de comedor-cafetería, lavandería, limpeza, rehabilitación, salón de peiteado, animación socio-cultural e acompañamento, achegando os recursos necesarios para conseguir unha mellora na calidade de vida de acordo ás súas preferencias e buscando a máxima autonomía.

Obxectivos
Con esta nova residencia o que se intenta dende a asocaición PRODEME e dar resposta adecuada ás necesidades e demandas dos seus beneficiarios e prover de apoios directamente ou a través dunha xestión eficaz da contorna.
A idea é implicar directamente ás persoas usuarias dos servizos na elaboración, desenvolvemento e avaliación do seu plan individual, ademais de orientar e apoiar aos usuarios na toma de decisións durante o ciclo vital.
A conselleira sinalou a importancia de que a Xunta de Galicia colabore co tecido asociativo galego para poñer en marcha máis e mellores recursos para a atención á discapacidade a disposición das familias. Neste sentido, agradeceu a Prodeme a súa ampla traxectoria apoiando aos veciños de Monforte.
Fabiola García visitou a continuación o centro público autonómico Infanta Elena.
O Goberno galego busca estar o carón das persoas con discapacidade desde o primeiro diagnóstico e ata a vida adulta.
Para iso, apuntou, é preciso poñer en marcha diferentes servizos que atendan a cada etapa vital das persoas con discapacidade, desde a atención temperá, pasado polo mundo educativo, o acceso ao emprego ou o ámbito dos coidados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova Guía do Románico de Sarria, Os Ancares e O Courel

Seguinte Nova

Os días 5, 6 e 7 de maio, a Feira do Viño de Vilachá celebra o seu 30 aniversario

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss