Licitadas as obras para construír o Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón

Pilar García Porto, voceira socialista do Goberno da Deputación de Lugo. Foto Arquivo.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar os acordos cos que mobiliza un total de 3,7M€ para a dotación a dotación e mellora de servizos públicos e infraestruturas da veciñanza da provincia. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou os acordos adoptados na reunión celebrada esta semana nunha rolda de prensa posterior.
O acordo máis importante foi a licitación das obras para construír o Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón por un importe de preto de 2,5M€ e un prazo de execución de 12 meses unha vez iniciadas.
A Deputada lembrou que o Pleno ordinario do pasado mes de marzo aprobou, por iniciativa do Goberno provincial, a modificación do convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello da Pobra do Brollón para incrementar a achega económica por parte da institución provincial para construír a residencia por unha contía de 725.531,21€, distribuídos nas anualidades 2024 e 2025. Este acordo supón un aumento do investimento provincial para a construción, que desta forma acada os 2,3M€.
O Centro de Atención a Maiores, que a Deputación levantará nunha parcela situada na Avenida de Outeiro, contará con 36 prazas e espazos verdes pensados para o esparexemento das persoas maiores usuarias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, está a facer temporada coa Filarmónica da Scala de Milán

Seguinte Nova

Talento feminino no día internacional das rapazas nas TIC

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: