Preséntanse as listas do Partido Popular, BNG e Esperta Monforte ás eleccións municipais

Os tres partidos con representación no concello de Monforte, que viñeron facendo oposición ao equipo de goberno encabezado por José Tomé Roca durante o últimos catro anos, deron a coñecer os compoñentes das listas con que se presentarán ás próximas eleccións municipais, coa intención de ser capaces de conseguir a confianza dos cidadáns para terminar coa maioría absoluta que ostentan os socialistas, unha tarefa que, con todo, non parece sinxela á vista de recentes enquisas publicadas, que mesmo daban un concelleiro máis á candidatura de José Tomé Roca.

KATY VARELA, CANDIDATA POPULAR
O Partido Popular de Monforte de Lemos presentou na súa sede na cidade do cabe, aos integrantes da súa candidatura para as próximas eleccións locais, encabezada por Katherinie Varela. A este acto asistiron representantes da dirección provincial do partido, entre eles, o vicepresidente, Francisco Conde, e o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro. Dende a directiva provincial destacouse a combinación de experiencia e xuventude, así como a capacidade de traballo e o compromiso dos integrantes da candidatura. A cabeza de lista, Katy Varela, destaca que o PP concorre a estes comicios cun equipo formado por persoas comprometidas con Monforte de Lemos, cheas de ilusión por mellorar as perspectivas de futuro da cidade, do municipio. Representan a diferentes sectores da sociedade e nela concorren persoas afiliadas ao partido desde hai décadas, outras que se incorporaron nas pasadas eleccións e novas caras que se sumaron a este proxecto cun alto grao de traballo e compromiso. A lista dos populares monfortinos é a seguiente:
1: Katherinie Varela Fernández, avogada. 2: José Luís Rodríguez Varela, empresario do sector rural. 3: María Luisa Vázquez López, xefa de sección de servizos de sistemas e tecnoloxías do Hospital Público de Monforte.
4: Víctor Manuel Rodríguez López, veterinario. 5: Emilio Iván Vázquez Rodríguez, xefe da área de servizos agrarios da Xunta. 6: José Manuel Rodríguez Gómez, técnico de mantemento de empresa de ascensores. 7: María Luz Vázquez Rodríguez, empresaria de servizos telemáticos e de comunicación. 8: José Vicente Aparici Bolufer, xefe da Farmacia do Hospital Público de Monforte de Lemos. 9: María del Carmen Pérez Álvarez, profesora e ex concelleira de servizos sociais. 10: María Jesús Casado Barrio, catedrática de Matemáticas. 11: Juliana Ribeiro Escobar, deportista (voleibol) e gandeira. 12: María José Losada Touriño, xefe de Recepción de Balneario.
13: Rodrigo Coucheiro Limieres, empresario e enxeñeiro de Camiños. 14: Manuel Pedro Pérez López, garda civil xubilado. 15: José Rodríguez Liñares, xubilado da empresa de servizos de auga. 16: María Ellen Carnero Gómez, profesora de educación infantil. 17: Lorena López López, empregada de Administración de loterías.

EMILIO JOSÉ SÁNCHEZ, CANDIDATO DO BNG
O BNG de Monforte de Lemos vén de presentar a súa candidatura para as Eleccións Municipais 2023, na casa da Cultura Lois Pereiro. As persoas que acompñana ao candidato do BNG traballan no eido sanitario, no deporte ou no activismo social. Traballadores autónomos, profesores e sindicalistas. Dende o BNG decláranse comprometidos con Monforte e as súas posibilidades, co obxectivo de superar a actual política de festas e asfalto, unha política que califican de inerte que en nada beneficia ao avance do municipio. A lista é a seguinte:
1: Emilio José Sánchez Iglesias, técnico administrativo. 2: Manuel Luaces Fernández, traballador en Prodeme. 3: Lucía Rodríguez Rodríguez, técnica deportiva. 4: Candela López Piñeiro, licenciada en belas artes. 5: Rosa Ana Somoza Vila, pensionista. 6: Iván Antonio Álvarez Merayo, arqueólogo. 7:Dolores López Chaos, traballadora do SAF. 8: Martín Díaz López, traballador en seguridade privada. 9: María Magdalena Santos Riveratraballadora do SAF. 10: Ramón Rodríguez Vázquez, empresario. 11: Noemi Boán Vidueira, educadora social). 12: Javier Fouces Fernández, estudante. 13: Dileiny Cruz Taveras Traballador de Prodeme. 14: Alan Damián Rodríguez Martino, politólogo. 15: Consuelo Díaz González, axudante de cociña. 16:Xosé Lois Cortés Gómez, xubilado da banca. 17: Estrella Dolores Formoso Lago, xubilada.

JAIME GERMÁN VÁZQUEZ PÉREZ, CANDIDATO DE ESPERTA MONFORTE

Esperta Monforte concurre ás municipais por terceira vez consecutiva. A lista que presenta está composta por: 1: Jaime Germán Vázquez, empresario. 2: Manuel López Martínes, profesor. 3: María Isabel García Díaz, enfermeira. 4: Mª Teresa Rodríguez Rodríguez, gandeira. 5: Dositeo Pardo Losada, carniceiro en Prodemo. 6: Zaira Vázquez rodríguez, auxiliar de enfermería. 7: Andrés José Santiago Gómez-Chao Fernández, médico. 8: Rocío González Figueiras, orientadora educativa. 9: Oscar González Figueiras, mestre de educación física. 10: Larisa Yackibel González Grande, bióloga. 11: Alberto Manuel Álvarez Pollos, empresario. 12: Graciela Taboada Mariño, cociñeira. 13: Manuel Quiroga López, T.E.S. 14: Yolanda Rodríguez Rodríguez, cociñeira. 15: Nestor Hermida Rodríguez, empregado perforacións e pozos de barrena. 16: Ana María Soto Sánchez, empregada do fogar. 17: Marina Vidueira Franjo, profesora. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Circo Nevada, a longametraxe documental dirixida por Manuel Valcárcel, terá a súa estrea mundial no Playdoc International Film Festival

Seguinte Nova

As Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia darán a coñecer o bo facer das cinco denominacións de orixe vitivinícolas

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: