José Tomé recibiu á Ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno, Isabel Rodríguez

• O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo destaca que os socialistas “sempre poñemos ás persoas no centro das políticas”

José Tomé acompañou á Ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, na visita que fixo á capital lucense, onde mantivo un encontro con maiores na Casa do Saber e percorreu o centro da cidade, xunto á Alcaldesa, o Secretario Xeral do PSdeG e o Delegado do Goberno en Galicia. Foto GPPSDG.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, acompañou á Ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno de España, Isabel Rodríguez, na visita que fixo o pasado sábado á capital lucense, onde mantivo un encontro con maiores na Casa do Saber e percorreu o centro da cidade, xunto á Alcaldesa, Lara Méndez, o Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gomez Besteiro, así como a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, os deputados no Congreso Ana Prieto e Javier Cerqueiro, e o Senador César Mogo, entre outros responsables orgánicos do partido, militantes e simpatizantes.
Durante a súa intervención no encontro con persoas maiores na Casa do Saber, o líder do PSdeG na provincia, Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte destacou que os socialistas “sempre poñemos ás persoas no centro das políticas”, como demostra o Goberno de Pedro Sánchez con medidas “cun impacto especialmente positivo” para a cidadanía lucense como a subida das pensións conforme ó IPC, tendo en conta a poboación rural e cunha media de idade elevada da provincia.
Situar as persoas no centro das políticas é o que, subliñou José Tomé, fai o Concello de Lugo, con Lara Méndez, e o que “facemos dende o Goberno de progreso da Deputación, destinando a políticas sociais máis dun terzo do Orzamento da institución e impulsando, entre outros, un proxecto pioneiro e de referencia, como é a rede de centros públicos de atención a maiores, que abrimos en pequenos concellos do rural, que ofrecen unha atención de calidade e, ó mesmo tempo, crean riqueza e emprego no entorno no que se asentan”. Polo tanto, trátase dunha medida “social e eficaz fronte ó reto demográfico”.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia lembrou que neste mandato a Deputación expuxo ó Goberno de España o seu modelo de residencias e, de feito, a institución provincial foi a única do país invitada polo Presidente Pedro Sánchez á presentación do PERTE de Economía Social e dos Coidados celebrada na Moncloa.
Así mesmo, José Tomé recalcou que, co Goberno de progreso encabezado polo PSOE, a provincia de Lugo “recuperou a prioridade que merece e que necesita na axenda política deste país, deixando atrás largos anos de abandono e duro castigo cos anteriores gobernos do Partido Popular”. Neste sentido, puxo como exemplo as infraestruturas, lembrando que, logo do parón imposto polo Executivo de Rajoy, “con Pedro Sánchez o AVE chegou a Galicia e a Alta Velocidade chegará a Lugo”, grazas ó investimento histórico de 546M€ que ten mobilizado para a modernización da liña do tren Lugo-Monforte-Ourense e ó desbloqueo da Estación Intermodal, que esta mesma semana aprobou licitar o Consello de Ministros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Val de Lemos senior xoga a fase de ascenso

Seguinte Nova

O Concello de Monforte anuncia o inicio dos trámites para a creación dun área recreativa e unha praia fluvial

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio