O PP de Pantón presenta unha candidatura continuista para as eleccións locais

Candidatos do Partido Popular ás eleccións municipais ao Concello de Pantón. Foto GPPP..

Consideran os populares de Pantón que no convén cambiar aquelo que funciona, e por iso o PP presenta en Pantón unha lista para as eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28 na que están as mesmas persoas que gobernan o municipio, con José Luis Álvarez Blanco, de novo, como candidato a repetir na alcaldía, cargo que desempeña dende 2007. A idea dos populares é concluír as obras xa iniciadas e aquelas que están programadas para dar a Pantón as infraestruturas e os servizos que merecen os seus veciños. O aspirante á alcaldía é afiliado ao PP dende 1990 e foi o fundador, en 1991, do Partido Popular en Suíza.

A TRAÍDA DE AUGA
Álvarez Blanco ten moi claras as prioridades para o próximo mandato; as infraestruturas hidráulicas ocupan lugar moi destacado entre elas. Así, o candidato a repetir na alcaldía destaca a prevista execución das obras para a traída de auga en San Vicente de Castrillón, Santiago de Castrillón e Santo Estevo do Mato. Na folla de ruta dos populares para o próximo mandato está tamén a traída de Ribeiras de Miño. Indican igualmente que no programa popular figura a asunción polo Concello das traídas locais naqueles casos que así se solicite.
Avanzar con rapidez no saneamento rural é outra das propostas da candidatura popular, co fin de que a finais do mandato estea practicamente rematado na súa totalidade. De momento, programan os colectores de Toiriz, Moreda e Eiré. Está listo o convenio coa Confederación Hidrográfica para o colector de San Martiño de Pantón.
En materia social, a folla de ruta dos populares inclúe dúas residencias coa fundación San Rosendo, unha das cales xa ten licenza; para a outra, será preciso que o Concello tramite un plan especial para posibilitala urbanisticamente. O candidato a repetir na alcaldía lembra que está pendente a construción pola Deputación dunha residencia da terceira idade; asegura que seguirán apostando polos servizos sociais e mantendo o de madrugadores.
Por outro lado, os populares xestionarán o polígono industrial, ao entender que a Deputación non o levou a cabo, pese a consignar durante varios anos un millón no seus orzamentos para este fin. Convencido de que a Deputación será gobernada polo PP, Álvarez Blanco asegura que serán os populares os que crearán este polígono industrial. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Subvencións para actividades de interese cultural 2023

Seguinte Nova

O Val de Lemos senior xoga a fase de ascenso

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: