Luz Casal, Tanxugueiras e Mikel Erentxun actuarán nas Festas Patronais de Monforte deste ano 2023

• Lucía Pérez, Antonio José, Gin Toni`s, América de Vigo, os grupos monfortinos Malenne e Deloreans e as orquestras Tekila, Panorama, Galilea e Ritmo Joven, completarán o cartel de actuacións musicais

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, foi o encargado de dar a coñecer en rolda de prensa o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais 2023, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto. Tal e como explicou o rexedor, a proposta responde a un formato que se ven repetindo nestes últimos anos e que están centradas nunha variedade musical e artística para satisfacer a públicos moi diferentes tanto en idades como en gustos musicais. O Alcalde, explicou que haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras que farán un previo e un posterior peche das actuacións tratando de que o horario musical con carácter xeral, se ciña de 11 da noite considerado como o inicio ao remate entorno ás 4 da madrugada.
O programa completo de actuacións musicais é o seguinte:
-Día 11 de agosto, despois do pregón: Lucía Pérez. Cantante do Incio que actuará ás 24 h no escenario principal da Compañía. O grupo monfortino Malenne dará continuación á actuación musical.
-Día 12 de agosto: Deloreans: ás 11:00 h iniciaranse as actuacións musicais. Mikel Erentxun: dará un concerto entre as 12 e a 1:30 da madrugada. Gin Toni’s pechará a velada.
-Día 13 de agosto: Orquestra Panorama: as 12 da noite ata a 1:45 para volver nun 2º pase ás 3:15 ata as 4:30 da madrugada.
O grupo América de Vigo iniciará a súa actuación ás 10:30 volvendo a actuar despois do primeiro pase da Orquestra Panorama.
-Día 14 de agosto: Antonio José: ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada. A Orquesta Galillea actuará entre as 11 e as 12 nun 1º pase e de 1:30 a 3:30 da madrugada.
-Día 15 de agosto: Tanxugueiras, as 12:30. grupo Tekila, actuará tamén en 2 pases.
-Día 16 de agosto: Luz Casal,ás 12:30 da noite e finalizando ás 2 da madrugada. Pechará a velada Ritmo Joven, que o fará en 2 pases dende as 11 ata as 12 da noite e dende as 2 ás 4 da madrugada.
O custe do conxunto das actuacións musicais, tanto de concertos como de orquestras ascende a 317.625 € e tal e como explicou o Alcalde, o importe coincide co custe que o Equipo de Goberno tiña previsto no orzamento para as Festas Patronais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Eladio Fernández lidera a candidatura socialista ás eleccións municipais en Sober

Seguinte Nova

Luis Fernández Guitián repite como candidato do Partido Popular á alcaldía de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss