Luis Fernández Guitián repite como candidato do Partido Popular á alcaldía de Sober

Luís Fernández Guitián concorre ás eleccións cun equipo continuista, do que o alcalde de Sober destaca, que ten probada capacidade de xestión. Foto GPPP.

O candidato do PP á Alcaldía de Sober, Luis Fernández Guitián, preséntase de novo ás eleccións do 28 de maio co obxectivo de que o municipio “siga prosperando”. O actual rexedor municipal asegura que o seu equipo lle dará continuidade a un proxecto iniciado hai xa 3 mandatos que segue centrado no desenvolvemento económico, o emprego e o benestar social, con especial atención aos maiores e ás familias.
“Tentaremos consolidar unha acción de goberno que está a facer que o Concello se sitúe entre os máis dinámicos da provincia, polo que nesta candidatura apostamos por persoas que teñen acreditada ampla experiencia e capacidade de traballo”, precisa.
Fernández Guitián concorre ás eleccións cun equipo continuista, e destacan os populares, que contan con experiencia de xestión e forzas renovadas no que se pode ver unha representación equitativa de todo o municipio. “Son persoas comprometidas con Sober que darán o mellor de si para seguir axudando aos nosos veciños e veciñas no seu día a día”. O rexedor recorda, neste sentido, o esforzo extraordinario que o equipo de Goberno fixo durante a pandemia axudando en todo aquelo que os veciños e veciñas necesitaron.

50 LIÑAS BÁSICAS
O actual rexedor popular concorre aos comicios cun amplo programa electoral que contén 50 liñas básicas nas que a aposta máis forte é pola consolidación do turismo e o sector vitivinícola como eixos fundamentais do seu proxecto de futuro para Sober.
A maiores, entre os piares que vai impulsar o PP atópanse as infraestruturas e a vivenda, potenciando a área de rehabilitación integral de Sober, a única de Galicia que afecta á totalidade do Concello. Seguirase ampliando a rede municipal de auga e saneamento esixirase á Deputación Provincial de Lugo un plan serio para a mellora e mantemento da rede viaria provincial do Concello.
Entre as 50 liñas básicas, destaca a solicitude de Festa de Interese Turístico Nacional para a Feira do Viño de Amandi, así como propostas para seguir impulsando a cultura, o patrimonio, o deporte e as novas tecnoloxías. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Luz Casal, Tanxugueiras e Mikel Erentxun actuarán nas Festas Patronais de Monforte deste ano 2023

Seguinte Nova

Populares y Socialistas presentan ás súas candidaturas ás municipais en Bóveda

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss