Unhas eleccións municipais en Quiroga máis abertas, logo de que Julio Álvarez non se presente aos comicios

A noticia de que Julio Álvarez non se presentaba á súa reelección como alcalde de Quiroga, debido a que levaba desempeñando desde 1987, tras conseguir 9 maiorías absolutas consecutivas, sen dúbida, deixaba máis aberta a pugna por alzarse coa vitoria nas próximas eleccións municipais.
Na derradeira sesión plenaria desta lexislatura Julio Álvarez, quixo despedirse da corporación e agradeceu “a todas as corporacións que o acompañaron durante todos estes anos ao fronte da alcaldía o traballo feito, sobre todo estes últimos catro anos que foron correctísimos, cunha oposición que soubo estar á altura das circunstancias facendo un mandato honesto e leal desde o punto de vista democrático”. A todos eles atribuíu os acertos das xestións feitas, “ aos cidadáns, aos traballadores e aos membros da corporación -independentemente do partido político que representan- posto que foi traballo de todos eles; e si houbo fracasos “asúmoos todos eu con toda a consideración”.
Julio Álvarez non quixo perder a oportunidade de desexarlles sorte aos concelleiros que se presentan para as vindeiras eleccións e felicitar aos que gañen, reiterando unha vez máis que esta corporación foi “unha referencia de como se debe xogar en política, mantendo cada un o respecto e a consideración cara os demais membros da mesma”.

JOSE MANUEL POL, CANDIDATO DO PARTIDO POPULAR
O candidato á alcaldía, José Manuel Pol González presentou a candidatura do Partido Popular de Quiroga como “representativa de toda a poboación pero tamén con experiencia na política municipal”. O acto de presentación contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal; e o coordinador xeral do partido, José Manuel Balseiro, ademais de varios representantes da dirección provincial.
No transcurso do acto, o alcaldable pediu a confianza na nova candidatura que incorpora “xente nova, xente que estivo vinculada á política e sobre todo xente que pode representar a todos os quirogueses”.
A lista está encabezada por Pol, veciño de Campo de Vila e que leva 35 anos á fronte da xestoría Rozas-Campos.
O número 2, 4, 5 e 9 recaen en Ana Lucía Nogueira Marcos, María Dolores Sánchez Durán, José Ángel Rodríguez Raposo e Pilar Diéguez González, actuais concelleiros e que aportarán a experiencia política na toma de decisións. Adrián González Losada e Raúl Carballedo Rodríguez ocupan os postos 3 e 8 respectivamente. Ambos pertencen ao mundo do deporte ao ser o adestrador e presidente do Quiroga F.C.
VICENTE PARRA, CANDIDATO SOCIALISTA
A agrupación Socialista de Quiroga presentou na Casa da Cultura a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio, que encabeza Vicente Parra Vizcaíno. Vicente Parra dixo que “hai que darlle a volta a este concello, con políticas útiles para a veciñanza, escoitando a tódolos colectivos e entidades da nosa vila.
Hai que crear e mellorar os servizos públicos, promover iniciativas que favorezan a creación de riqueza e de emprego; e que aproveiten os recursos que temos en Quiroga, que son moitos”.
“A veciñanza de Quiroga ten que rachar o 28 de maio con todos estes anos de parálise e desorganización, medias verdades e vinganzas persoais. Un Concello non pode converterse nun ariete de poder, amparado polo PP, para que 36 anos despois de paso pola Alcaldía non acade nin melloras dotacionais, nin proxectos relevantes”, declarou.
XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ, DO BNG
Dende o BNG de Quiroga transmiten que preséntanse a estas eleccións con máis ilusión que nunca tras renovar a lista con xente nova e presentar ao concelleiro Xosé Manuel Fernández como candidato con serias posibilidades de alcanzar a Alcaldía. Respecto da candidatura do 2019, seis son as caras novas que entran na lista do BNG para as municipais do 28 de maio: Anais González, Rubén Figueroa, Yolanda López, José Adrián González, Francisco Javier Carbón e Zeltia Mateo. o Álvarez polo concello. Repite como aspirante a Alcalde Xosé Manuel Fernández, concelleiro que presentou oposición estes catro anos. Destacan no BNG as posibilidades do novo escenario político cunha nova forza pola dereita, Independientes Por Quiroga, e a ausencia de Julio Álvarez. Ademais, nestes casos ningún dos candidatos ten experiencia previa como alcalde.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Populares y Socialistas presentan ás súas candidaturas ás municipais en Bóveda

Seguinte Nova

BNG, PP e PSdeG presentan as súas alternativas ao goberno de Claudio Garrido en Sarria

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: