A Xunta publicará a vindeira semana a convocatoria para cubrir 175 prazas de especialistas en saúde mental por concurso de méritos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe, no marco do XXII Congreso Nacional e III Internacional da Sociedade Española de Psicoloxía Clínica, que a Xunta de Galicia publicará, a vindeira semana, a convocatoria do concurso de méritos para especialistas en saúde mental. Trátase, en total, -dixo Comesaña-, dun total de 175 prazas, 44 de psiquiatría, 37 de psicoloxía e 94 de enfermería especialista en saúde mental. O acto contou, así mesmo, coa presenza do xerente da área sanitaria, Luis Verde Remeseiro.

O titular da carteira sanitaria destacou o compromiso dos profesionais do ámbito da saúde mental do Sergas e a colaboración das sociedades científicas e o tecido asociativo, que fixeron posible a posta en marcha do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, que implica a creación de 241 novas prazas, das que 45 son de psicoloxía clínica.

Segundo Comesaña, como consecuencia deste Plan estanse a crear novos equipos e aumentando novas unidades. Outra das liñas de acción do Plan destacadas polo conselleiro é a mellora da atención á saúde mental na infancia, coa posta en marcha de hospitais de día e reforzos de programas en centros de saúde mental comunitarios, así como a posta en marcha do protocolo de prevención da conduta suicida no ámbito educativo, mediante o que se crearon vías rápidas de atención a menores, ou o programa YAM, que se porá en marcha no vindeiro curso escolar, orientado á promoción da saúde e benestar emocional do alumnado.

Ademais, o conselleiro rematou a súa intervención sinalando que se debe adecuar a formación que se oferta aos profesionais de forma acorde ás necesidades actuais, sinalando que o seu departamento revisou e actualizou o seu programa formativo anual dirixido a profesionais da saúde mental. Neste sentido, Comesaña indicou algún exemplo de accións como é o itinerario asistencial en materia de adiccións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Carreira popular Rota do Románico en Pantón

Seguinte Nova

O Sur de Lugo acudiu a votar nunha xornada marcada pola participación e a normalidade

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio