Ana Pontón visitou a Feira do Viño de Vilachá

Ana Pontón amosouse convencida de que o modelo municipal de éxito do BNG se estenderá por toda Galiza a partir do próximo 28M. Foto GPBNG.

portavoz nacional, Ana Pontón, visitou a Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón, que chegou este ano o seu 30ª aniversario. Trátase dunha celebración que se distingue especialmente por levarse a cabo nun entorno de gran valor histórico e etnográfico: un conxunto de adegas centenarias.
“A denominación de orixe Ribeira Sacra ten uns caldos de excelente calidade pero ademais, esta feira ten a particularidade de celebrarse nun entorno privilexiado, de gran valor etnográfico, histórico e paisaxístico”, indicou Pontón.
O sector vitivinícola é clave no medio rural, pola súa capacidade para xerar riqueza e emprego, pero tamén pola súa capacidade para preservar o territorio, fixar poboación e dinamizar outros sectores económicos como o turismo de calidade. Con respecto disto, a portavoz nacional lembrou que “estamos a falar dun sector que contribúe decididamente a manter vivo e activo o rural”.
“Nunha Galiza no que o 90% do territorio é rural non se entende o futuro se deixamos atrás a maior parte do noso territorio”, indicou. Neste sentido, o BNG aposta por unha discriminación positiva co medio rural, en particular en materia de servizos públicos, por un rural ben conectado en mobilidade e tamén en novas tecnoloxías, que fixe poboación e que sexa atractivo para á mocidade.
“No Bloque somos capaces de darlles calidade de vida aos concellos, de transformalos en positivo, con servizos, con actividades de ocio e lecer para a veciñanza e con dinamismo económico, social e cultural tamén nos pequenos municipios”, declarou a líder nacionalista.
Poñendo como modelo Allariz, pero tamén San Sadurniño, Moeche, Barro, Mazaricos ou A Pobra do Brollón, indicou que “ese modelo municipal de éxito é o que queremos estender por todo o rural e por toda Galiza a partir do 28M”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novo Plan de Sustentabilidade Turística para a Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Declarado de utilidade pública e de interese social o Polígono Agroforestal de Bóveda

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss